Certame de Creación de Dúos e Sós de Danza

10 Abr 2024

SóLODOS en Danza convoca o SóLODOS en Danza Ourense 2024. SóLODOS en Danza é un proxecto de Cooperación Cultural de ámbito artístico-social que xera intercambio e mobilidade entre artistas iberoamericanos. Utiliza diferentes estratexias de colaboración para construír unha ponte cultural entre artistas de dous continentes (América / Europa).

As coreografías (dúos e sós) serán de danza contemporánea. As pezas estarán interpretadas por un ou dous artistas. É indispensable que o creador/a (tanto nos sós como nos dúos) sexa intérprete na obra. A duración da obra presentada será de entre 8 e 10 minutos. A peza que se envíe en gravación para a preselección, será a mesma que se presente o día do concurso. Os vídeos poderán mostrarse con todos os seus elementos, ou simplemente unha gravación de ensaio. A gravación debe de ser en plano fixo, sen editar, onde se vexa a totalidade da obra. As obras que se presenten deben ser flexibles para ser interpretadas na rúa ou no teatro, indistintamente. A xira en Costa Rica realízase, principalmente, en espazos non convencionais, parques, prazas, rúas, colexios,... Un mesmo creador/a pode presentar varias obras ao concurso, neste caso só unha poderá ser seleccionada.

A presentación das coreografías para a preselección realizarase mediante o envío por correo electrónico ao enderezo solodosendanza@gmail.com dos datos indicados nas bases e da ligazón do vídeo en  youtube, vimeo ou outro portal da internet no que se poidan subir e visualizar publicamente vídeos.

O Certame de Danza celebrarase nas rúas de Ourense os días 13 e 14 de xuño de 2024.

Requisitos
Poderán participar creadores/as e intérpretes residentes en España maiores de 18 anos.

Dotación
SóLODOS en Danza premiará unha obra e ao seu creador/a-intérprete ou creadores/as-intérpretes, para participar no Festival por diferentes comunidades Costarriqueñas. Desenvolverá unha residencia artística en conxunto con outros/as colegas Iberoamericanos no espazo de Creación e Investigación SóLODOS Costa
Rica. Ademais terán encontros cos colaboradores do proxecto, Universidades, escolas de arte, plataformas culturais comunitarias, Escolas de Danza estatais e privadas, encontros con artistas locais, talleres e clases maxistrais con diferentes mestres Internacionais.
O premio incluirá os billetes de avión a Costa Rica (saíndo desde Madrid - San José, Costa Rica - Madrid ) dos gañadores, coordinando os seus traslados, aloxamentos e manutención, durante toda a xira en Costa Rica. A organización fará labores de acompañamento dos artistas durante a súa xira polos distintos lugares.

O prazo de recepción dos vídeos estará aberto ata o 19 de maio de 2024.

Mais información
https://www.solodos.es/