Exposicións, certames e concertos (27)

VII Certame Relatos Curtos Gloria Fuerte

O Concello de Rincón de la Victoria (Málaga) convoca o VII Certame de Relatos Curtos en homenaxe a Gloria Fortes.

Requisitos:
-Pode participar todas as persoas que o desexen, con independencia da súa idade ou nacionalidade, sempre que a obra se presente escrita en castelán.
-A temática da obra será libre, admitíndose unicamente un relato por persoa.
-A obra presentada terá un mínimo de 1000 e un máximo de 1500 palabras (sen incluír o título), en tipo de fonte Arial normal 12, a dobre espazo.

Inscricións:
Ata o 31/05/2024

Premios:
Primeiro premio: 2.000 €
Accésit: 300 €

Máis información:
Área de Cultura do Concello de Rincón de la Victoria
Tel.: 951 501 097
correo-e: certamenliterario@rincondelavictoria.es
www.relatoscortos.culturaenrincon.es

Feira do Libro Abril 2024

Feira do Libro en Santiago de Compostela que se celebra entre o 27 de abril e o 5 de maio durante máis dunha semana no Paseo Central da Alameda.

Nesta Feira do Libro expóñense e comercializan libros de diferentes editoriais, librerías e organizacións, tanto galegas como do resto de España; que aproveitan estes días para achegar os seus produtos ao público.

Ademais da exhibición e compra de libros hai unha serie de actividades complementarias: firma de libros por parte de autores coñecidos, sorteos, campañas de promoción da lectura, visitas guiadas etc.

No marco da programación da Semana da Creatividade 2024, a sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes acolle entre o 22 e o 26 de abril a exposición Arqueoloxía dixital galega.

Comisariada por Óscar Penín, investigador do GEAAT, o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Facultade de Historia, a mostra adéntrase no traballo da pouco coñecida arqueoloxía contemporánea e nas súas cada vez máis fondas conexións cos mundos virtuais.

A mostra contará con visitas guiadas para grupos, previa reserva no correo electrónico oscar.penin@uvigo.gal, mentres que para o venres 26 programáronse unha serie de visitas escolares á mostra, que contará cunha zona de videoxogos clásicos en galego.

As visitas incluirán encontros con persoas investigadoras da Universidade de Vigo relacionadas co mundo dos videoxogos.

Esta actividade insírese na Semana da Creatividade 2024, un programa de actividades centradas nas principais liñas do proxecto de especialización do campus pontevedrés, organizadas polo Campus Crea co apoio da Deputación de Pontevedra e o Consello Social da Universidade de Vigo.

Dirixido a: Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza: Campus Crea e Geaat

Máis información:
Facultade de Belas Artes
Rúa Maestranza 2
36002 Pontevedra
www.uvigo.gal 

 

12º Edición "DANZA 3" 2024

A Xunta de Galicia promove a música e o baile tradicional en 18 concellos a través dunha nova edición de "Danza3".

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e o colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, promoven por 12º ano consecutivo o programa Danza 3 para a difusión da música e do baile tradicionais de Galicia.

Esta nova edición, que arranca o domingo 14 en Vedra, percorrerá 18 concellos galegos ata o mes de setembro con outras tantas actuacións que, na meirande parte dos casos, terán lugar ao aire libre para compartir coa cidadanía unha mostra do amplo repertorio das tres agrupacións participantes.

O percorrido estenderase ata setembro polos municipios de Melide, Ortigueira, Cangas, Oroso, Ribadavia, Boqueixón, Betanzos, Marín, Dumbría, Vilanova de Arousa, Agolada, Ribadeo, Meira, O Valadouro, O Carballiño, Verín e Abegondo.

Con motivo da renovación deste circuíto, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, recibiu a Patricia Miño e Santiago Pardo, presidenta e secretario da asociación Xacarandaina; Raquel Barredo, en representación de O Fiadeiro, e  María Montero e Antía Antelo, de Cantigas e Agarimos.

A través desta colaboración, a Xunta recoñece, así mesmo, o labor cotiá deste colectivo a prol da investigación, recuperación, formación e difusión do folclore galego como parte indispensable do noso patrimonio inmaterial.

Os integrantes de O Fiadeiro serán os encargados de abrir o calendario de actuacións este domingo ás 15,00 h. cunha actuación de danza tradicional no Campo da Festa de Vedra, coa que tamén recalarán o domingo 28 en Melide.

Tras as funcións de abril, a agrupación de Vigo levará os seus espectáculos de baile tradicional a Vilanova de Arousa (4 de agosto) e Verín (data por anunciar), ademais de ofrecer dúas actuacións musicais o 17 de maio en Ribadavia e o 11 de agosto en Agolada.

Cantigas e Agarimos iniciará a súa participación neste 12º Danza 3 co espectáculo musical que ofrecerá o 16 de maio en Cangas e ao día seguinte en Oroso.

Neste percorrido, visitará co seu grupo de baile Boqueixón o 19 de maio, Marín o 14 de xullo e xa en setembro, O Valadouro (día 1) e O Carballiño (día 16).

Pola súa banda, Xacarandaina ten previstas catro actuacións de baile que arrancarán o domingo 28 deste mes en Ortigueira e continuarán en maio en Abegondo (día 11) e en agosto en Ribadeo (día 14) e Meira (día 25).

Coa súa formación musical, paseará as rúas de Betanzos o 31 de maio e de Dumbría o 26 de xullo.

Máis información:
www.cultura.gal

Exposición 'A Galicia inédita'

A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) e o Colectivo Profesional de Fotoxornalistade Galicia abren o martes 16 de abril na Igrexa da Universidade a exposición ’A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego'.

A mostra reúne un total de 73 obras de fotógrafos de prensa que traballan na nosa comunidade e procura poñer en valor o seu labor, algúns deles con décadas de experiencia, dando a coñecer ao gran público unha representación da obra de cadanseu, que nalgúns casos son inéditas e, noutros, foron publicadas en medios impresos galegos.

Poderás ver esta mostra ata o 15 de maio de 2024, de martes a sábado, en horario de 11 a 14 e de 17 a 20.30 horas.

Lugar:
Igrexa da Compañía
Santiago de Compostela

 

A XXIIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia desenvolverase en  Santiago de Compostela entre os días 22 e 30 de abril.

As representacións dos días 22, 23, 24 e 30 terán lugar no Teatro Principal ás 20.30 horas, e as dos días 26, 27 e 29 de abril terán lugar na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño.

A entrada é de balde previo paso pola billeteira, que abrirá ás 19.00 horas para as funcións no Teatro Principal, e ás 20.30 horas para as funcións na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño.

Programa en Santiago

A compañía independente Calopsia Teatro (USC, Curso de Iniciación ao Teatro) abre esta edición do festival o luns 22 de abril coa peza 'Salón Colorado (The Colorado Lounge)'.

O martes 23 de abril é a quenda para a Compañía de teatro da USC do Campus de Lugo coa representación 'Deixando a pel'.

'Desequilibrios', unha dramaturxia inspirada en 'Alguén voou sobre o niño do cuco', é a obra coa que o Grupo Maricastaña da Aula de teatro do Campus de Ourense intervén no festival o mércores 24 de abril.

Programa en Lugo

O venres 26 de maio a compañía independente El Enredo, da USC, representará 'Calígula'.

'Ollos que non ven',será representada o sábado 27 de abril pola compañía independente Brinco de Venus, da USC.

O luns 29 de abril é o día no que a Aula de teatro da USC - Escola de Teatro represente 'Antropoloxía do bico (a síndrome do túnel carpiano).

E finalmente, a compañía independente 'Labarata Producións' (USC) representará 'Apto/Non apto', unha creación colectiva a partir de 'Os que non fan nada'.


Máis información:
www.usc.gal

SóLODOS en Danza convoca o SóLODOS en Danza Ourense 2024. SóLODOS en Danza é un proxecto de Cooperación Cultural de ámbito artístico-social que xera intercambio e mobilidade entre artistas iberoamericanos. Utiliza diferentes estratexias de colaboración para construír unha ponte cultural entre artistas de dous continentes (América / Europa).

As coreografías (dúos e sós) serán de danza contemporánea. As pezas estarán interpretadas por un ou dous artistas. É indispensable que o creador/a (tanto nos sós como nos dúos) sexa intérprete na obra. A duración da obra presentada será de entre 8 e 10 minutos. A peza que se envíe en gravación para a preselección, será a mesma que se presente o día do concurso. Os vídeos poderán mostrarse con todos os seus elementos, ou simplemente unha gravación de ensaio. A gravación debe de ser en plano fixo, sen editar, onde se vexa a totalidade da obra. As obras que se presenten deben ser flexibles para ser interpretadas na rúa ou no teatro, indistintamente. A xira en Costa Rica realízase, principalmente, en espazos non convencionais, parques, prazas, rúas, colexios,... Un mesmo creador/a pode presentar varias obras ao concurso, neste caso só unha poderá ser seleccionada.

A presentación das coreografías para a preselección realizarase mediante o envío por correo electrónico ao enderezo solodosendanza@gmail.com dos datos indicados nas bases e da ligazón do vídeo en  youtube, vimeo ou outro portal da internet no que se poidan subir e visualizar publicamente vídeos.

O Certame de Danza celebrarase nas rúas de Ourense os días 13 e 14 de xuño de 2024.

Requisitos
Poderán participar creadores/as e intérpretes residentes en España maiores de 18 anos.

Dotación
SóLODOS en Danza premiará unha obra e ao seu creador/a-intérprete ou creadores/as-intérpretes, para participar no Festival por diferentes comunidades Costarriqueñas. Desenvolverá unha residencia artística en conxunto con outros/as colegas Iberoamericanos no espazo de Creación e Investigación SóLODOS Costa
Rica. Ademais terán encontros cos colaboradores do proxecto, Universidades, escolas de arte, plataformas culturais comunitarias, Escolas de Danza estatais e privadas, encontros con artistas locais, talleres e clases maxistrais con diferentes mestres Internacionais.
O premio incluirá os billetes de avión a Costa Rica (saíndo desde Madrid - San José, Costa Rica - Madrid ) dos gañadores, coordinando os seus traslados, aloxamentos e manutención, durante toda a xira en Costa Rica. A organización fará labores de acompañamento dos artistas durante a súa xira polos distintos lugares.

O prazo de recepción dos vídeos estará aberto ata o 19 de maio de 2024.

Mais información
https://www.solodos.es/

X Edición Escenas do Cambio na Cidade da Cultura

Escenas do Cambio celebra o seu décimo aniversario cunha programación na que converxen espazos, artistas e públicos diversos fusionándose nunha única paisaxe.

Unha selección de 13 espectáculos nos que a danza, a música, a performance e o teatro dilúen os seus límites para crear experiencias transformadoras.

O festival constrúese como un latexo emocional que impulsa a busca da utopía e da liberdade, recupera o saber antigo e convida a abrazar o primario, rebusca na memoria e estira as posibilidades expresivas da linguaxe e da palabra, sexa esta escrita, falada ou expresada nos corpos.

Máis información:
https://www.cidadedacultura.gal/es/programacion-cultural
https://escenasdocambio.org/

Premios Innovagal 2024

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca os Premios Innovagal 2024 para os centros educativos públicos da comunidade autónoma de Galicia para o ano 2024.

As categorías nas que poden participar os centros son as seguintes:

Categoría A: escolas de educación infantil, colexios rurais agrupados, centros de educación especial, colexios de educación infantil e primaria e colexios de educación primaria.

Categoría B: centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros públicos de educación e promoción de persoas adultas.

A presentación das candidaturas realizarase mediante Sede Electrónica e irán dirixidas ao Servizo de Innovación e Programas Educativos da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

O período de presentación estará aberto dende o día seguinte á publicación desta Resolución no Portal Educativo ata o mércores, 31 de xullo de 2024.

Máis información:
Resolución do 2 de abril de 2024

A Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia coa colaboración do Concello de Barbadás convoca o XXVII Certame Literario de Piñor de narracións breves 2024 no que se establecen 3 categorías:
-Categoría A: participantes maiores de idade
-Categoría B: participantes de 13 a 17 anos
-Categoría C: participantes que formen parte do alumnado de Educación Primaria

Os relatos deberán ser orixinais, inéditos e non poderán ter sido premiados noutros certames. Estarán escritos en galego e a temática é libre. A extensión máxima irá en función das categorías:
-Categoría A: 10 folios por unha soa cara
-Categoría B: 7 folios por unha soa cara
-Categoría C: 3 folios por unha soa cara

A presentacón dos relatos poderá realizarse mediante o envío por correo postal indicando no sobre "Para o XXVII Certame Literario de Piñor"a algún dos enderezos seguintes:
-Asociación Música e Cultura de Galicia. Rúa do Pito, 1. CP 32930. San Lourenzo de Piñor. Barbadás (Ourense).
-Casa Municipal da Cultura Manuel María. R/San Bernabé, 37.  CP 32002. A Valenzá. Barbadás (Ourense).
Ou por correo electrónico a algún deste enderezos:
justocalvio@yahoo.es
casacultura@barbadas.es

Dotación
-Categoría A
 Primeiro premio: 500 €, diploma e obsequio
 Segundo premio: 320 €, diploma e obsequio
-Categoría B
 Primeiro premio: 200 €, diploma e obsequio
 Segundo premio: 100 €, diploma e obsequio
-Categoría C
 Primeiro premio: 100 €, diploma e obsequio
 Segundo premio: 75 €, diploma e obsequio

O prazo de admisión estará aberto ata o 24 de maio de 2024.

Máis información
Bases