Premio de Fotografía Ciudad de las Palmas de Gran Canaria

26 Abr 2024

O Concello das Palmas de Gran Canaria convoca o 12 Premio de Fotografía Ciudad de las Palmas de Gran Canaria.

As fotografías deberán ser orixinais e inéditas e non poden ter sido premiadas en ningún outro certame. Non poderán ser creadas con intelixencia artificial ou calquera outro tipo de ferramenta relacionada coa IA. A técnica e temática da fotografía serán libres. As fotos enviaranse en formato JPEG, cun peso máximo de 10 MB e unha resolución mínima de 300 ppp. Cada participante poderá presentar ata dúas fotografías.

A presentación das obras realizarase a través da web lpacultura.com

Requisitos
Poderán presentarse artistas de calquera nacionalidade.

Dotación
Primeiro Premio: 2.800 € e diploma
Segundo Premio: 1.200 € e diploma
Terceiro Premio: 500 € e diploma

O prazo de recepción das obras estará aberta ata o 24 de maio de 2024.

Máis información
https://lpacultura.com/