Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

25 Abr 2024

O Concello de Sarria coa colaboración da Agrupación Cultural Ergueitos convocan o XIV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño.

As obras presentadas deben estar escritas en lingua galega.

A extensión mínima será de 500 versos. Os orixinais deberán ser inéditos e non premiados en ningún outro certame.
Os traballos presentaranse por cuadriplicado en exemplares separados, grapados ou encadernados, en tamaño DIN A4 escritos por unha soa cara. Acompañaranse dun sobre pechado no que conste o título ou lema da obra no exterior, contendo no interior o nome e apelidos da autora ou autor, fotocopia do documento de identidade, enderezo, teléfono e correo electrónico.

Premio: 6.000 €

Enviaranse por correo certificado a:
XIV PREMIO DE POESÍA FIZ VERGARA VILARIÑO,
Concello de Sarria
Rúa Maior 14
27600 Sarria
Lugo

O prazo para a súa presentación estará aberto ata o 21 de xuño de 2024

Máis información no BOP de Lugo do 15 de abril de 2024 e en https://sarria.gal/es/