Premio Nacional de Poesía Viva #LdeLírica

27 Mar 2024

Ámbito Cultural e A Piscifactoría Laboratorio de Creación organizan a VI edición do Premio Nacional de Poesía Viva #LdeLírica

Podes participar ata o 15 de xuño.

Que tes que facer?
Envía entre 1 e 3 vídeos de 1 minuto de duración como máximo. Poderás participar desde as plataformas de Instagram e TikTok.
Utilizarase obrigatoriamente o hashtag #poesíaviva2024, con ou sen acento en “poesía”, para identificar os vídeos. Importante, os vídeos no post deben incluír: o título do poema, se o ten, o nome do autor e a súa provincia de residencia, e o vídeo do poema, sen ningunha outra indicación. Non se aceptarán vídeos sen hashtag.

Premio
A persoa gañadora do premio terá o luxo de recitar no Museo do Prado realizando unha lectura do seu traballo poético xunto a un ou varios poetas de reconocidísimo prestixio e traxectoria no Museo do Prado o venres 11 de outubro de 2024. Realizarase ademais unha publicación que recolla o traballo poético dos 7 seleccionados na final máis o gañador do Accésit Juan Ramón Jiménez, xunto ao traballo de 7 poetas de recoñecida e longa traxectoria que formasen parte do ciclo #LdeLírica, a cargo da mesma editorial.

https://www.ambitocultural.es/ya-puedes-participar-en-la-vi-edicion-del-premio-nacional-de-poesia-viva-ldelirica/