Bolsas da Fundación Biodiversidad

16 Abr 2024

A Fundación Biodiversidad convoca 25 bolsas destinadas a persoas con titulación universitaria, graos medios e graos superiores de formación profesional ou certificado de profesionalidade no ámbito das competencias da Fundación Biodiversidad.

A persoa beneficiaria poderá optar por algunha das seguintes modalidades, axustadas con ánimo de facilitar a conciliación e compaxinación con outros estudos:
A. Ata 600 € ao mes por 5 horas diarias.
B. Ata 840 € ao mes por 7 horas diarias.

As axudas de formación terán unha duración de máxima de doce meses improrrogables.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 6 de maio de 2024.

Máis información no BOE do 22 de marzo de 2024 e en https://fundacion-biodiversidad.es/formacion-y-empleo/

Ampliación do prazo publicada no BOE do 16 de abril de 2024