Actividades durante abril nas Casas da Mocidade de Oleiros

19 Mar 2024

Dende as Casas da Mocidade de Oleiros, Portaberta e As Pedras, publican as súas actividades para o mes de abril.

Todas as súas actividades son gratuitas e están dirixidas a mozas e mozos de entre 14 e 30 anos, independentemente do concello ao que pertenzan, tendo preferencia os empadroados no Concello de Oleiros.

Ademais continuaran coas súas seccións de entrevistas "Xuventude Activa" e "Elixe o teu futuro", así como unha entrevista co seu contacto de SEDRA - FPFE, que se realizan a través da súa conta de Instagram.

Actividades:
05/04/2024 - OBRADOIRO DE PASTA DE DENTES BIO - PORTABERTA- 17:00 a 19:00h.
12/04/2024 - XORNADA DE QUIDDITCH - AS PEDRAS - 17:30 a 19:30h.
19/04/2024 - OBRADOIRO DE COCIÑA - PORTABERTA - 17:30h a 19:30h.
26/04/2024 - TORNEO DE ROCKET LEAGUE - PORTABERTA - 17:00 a 22:00h.
27/04/2024 - SAÍDA Á ESTRADA - 11:00 a 20:00h.

A inscrición de cada actividade finaliza o domingo anterior á realización da mesma. 

Os Puntos de Información Xuvenil están abertos de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00
O horario de apertura ao público das Casas da Mocidade é de luns a venres de 17:00 a 22:00 e sábado dende as 18:00 ate as 22:00 Portaberta e ata as 23:00 As Pedras.

Instagram: @centrosmocidadeoleiros
Facebook: Casas da Mocidade Oleiros
https://centrosmocidadeoleiros.wordpress.com/  na cal poderás estar ao tanto das súas actividades, acceder ás inscricións, reservar espazos dos centros, facer consultas,...