O grupo de 1º de Animación Sociocultural e Turística do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, e dentro do módulo de Información Xuvenil, asumen o papel de Correspondentes Xuvenís do seu centro educativo.
Entre as súas funcións destaca a selección e difusión da información provista pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, tendo en conta as necesidades e demandas da mocidade do centro, nunha linguaxe comprensible, accesible e desenfadada.
Pretenden con isto achegar información de calidade, fiable e consistente ao estudantado do instituto, mantendo o “Rosalía ao día”.
Para seguir as súas actividades basta con asumarse a Facebook (@rosaliaodiaCorrespondentes), Instagram (@rosaliaodia22.23), X (@rosaliaaodia) e Tiktok co nome de: rosaliaaodiaa
Igualmente, animan a todo o estudantado a contactalos coas novas que consideren relevantes mediante mensaxes directas aos seus perfís en redes sociais ou por correo electrónico na dirección: rosaliaaodia0@gmail.com
Parabéns!