Exposicións, certames e concertos (26)

Dentro do programa de formación e asesoramento da USC se encadra a unha nova edición da MOSTRA: Préndete da Economía Social.

Data: 9 de xuño

Horario: de 11:30 a 19:00 horas

Modalidade: en liña

Obxectivo: xerar un ecosistema real de economía social mediante encontros con persoas emprendedoras e empresas para fomentar networking e transferencia, promover iniciativas emprendedoras mediante charlas sectoriais e talleres e dar a coñecer proxectos de economía social mediante showrooms e catas para aumentar competitividade do sector da economía social, entre outras actividades.

Actividades:

- Participación de empresas de economía social.
- Charlas sectoriais e talleres para promover o emprendemento en sectores emerxentes.
- Showrooms e catas sectoriais en economía social.

Accede ao Programa

Inscrición: a través desta ligazón antes do 6 de xuño ás 23:59 horas.

Para máis información: usceconomiasocial.gal / info@usceconomiasocial.gal / 687 333 709

As fotografías admitidas no VII Concurso de Fotografía das Reservas da Biosferas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá organizado pola Deputación de Lugo poden verse nunha exposición virtual na páxina web da institución provincial. Esta edición do certame tivo como fío condutor as redes de rutas de sendeirismo e itinerarios e o conxunto de vías e camiños tradicionais, co obxectivo dar a coñecer e poñer en valor a riqueza natural, cultural e paisaxística destas dúas Reservas da Biosfera, xestionadas pola Deputación de Lugo.

A mostra, entre a que se atopan todas as imaxes participantes na edición do 2021, pódese visitar no seguinte enlace:
https://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/medioambiente/concursofotografiaRRBB/VIIexposicion 

XXVII Certame Internacional Deputación Provincial de Burgos Novos Cantautores, 2022.

O Instituto Provincial para o Deporte e Mocidade co fin de apoiar aos novos artistas que inician a súa andaina no mundo da música, e seguindo a súa longa traxectoria de apoio á mocidade convoca a VIXÉSIMO SÉTIMA edición do Certame de Cantautores.

Participantes novos de 18 a 30 anos. Ambas as idades inclusive a data do 31 de decembro de 2022.

Prazo de presentación ata o día 22 de Febreiro de 2022.


+ Info
www.cantautoresburgos.com
www.facebook.com/IDJBurgos
www.twiter.com/IDJBurgos
cantautores@diputaciondeburgos.es

Bases de participación

Boletín de inscrición

Encontro de entidades de economía solidaria e de movementos sociais mediante o que se pretende visibilizar que exinten alternativas para construír entre todas un mundo máis xusto.

A Mostra do Posible pretende amosar que existen alternativas ecolóxicas, democráticas e xustas para tódolos ámbitos da nosa vida. Si cambiamos o noso modelo de consumo podemos mudar a sociedade.

Esta quinta edición terá lugar na Alameda Nova de Cangas do Morrazo o sábado 25 e o domingo 26 de setembro.

ACCEDE á información completa

DÌPTICO

KBUÑS 2021 ten como fío condutor o tema: "Mocidade pospandemia: unha mirada positiva cara a un futuro incerto"

Do 4 de outubro de 2021 ao 12 de outubro de 2021.

Os Encontros Internacionais de Mocidade de Cabueñes son un foro de encontro e debate para mozos, asociacións, persoal técnico e responsables de políticas de mocidade

A edición de 2021 presenta unha ampla oferta de actividades tanto en liña como presenciais, así como aforos limitados e medidas de seguridade para manter as medidas de prevención necesarias fronte á COVID-19.

A inauguración será o venres 8 de outubro cunha conferencia inaugural que se retransmitirá en streaming e hai programadas diversas actividades en formato en liña desde o 4 ao 8 de outubro.

O formato "clásico" de KBUÑS, con diferentes seminarios presenciais, terá lugar do 9 ao 12 de outubro, no Centro de Cultura Antigo Instituto e a Escola de Comercio de Xixón.

Os Encontros Internacionais de Mocidade de Cabueñes diríxense a:

Mozos entre 18 e 35 anos, representantes de asociacións xuvenís, Consellos de mocidade ou mozos non asociados/ as con interese sobre os temas tratados.


Persoas con 36 anos ou máis que polo seu traballo ou profesión mostren interese polos temas de “mocidade”: técnicos/as de mocidade, concelleiras/ as de mocidade, animadores/ as socioculturais, educadores/ as, activistas sociais, etc.

Consulta toda a información na seguinte ligazón:

https://www.gijon.es/es/eventos/Encuentros-Internacionales-de-Juventud-de-Cabue%C3%B1es

A EGAP convoca o XXIV Premio Manuel Colmeiro para traballos de estudo e investigación sobre a Administración pública de Galicia

Poderán participar nesta convocatoria persoas individuais ou grupos de traballo de calquera nacionalidade dos Estados membros da Unión Europea.
Os traballos serán orixinais (isto é, provirán directamente do seu autor, sen ser imitación, tradución ou copia doutra obra), inéditos e non premiados con anterioridade.
Os traballos, escritos nalgunha das dúas linguas cooficiais da comunidade autónoma, presentaranse en formato A4, mecanografados a dobre ; e terán unha extensión mínima de 100 páxinas.
Os traballos poderán versar sobre a organización, estrutura, funcións e/ou ámbitos competenciais de calquera das administracións. A investigación poderá ser realizada desde calquera perspectiva, xa sexa histórica, xurídica, administrativa, política, sociolóxica ou económica.
A dotación económica do premio é de 3.500 euros
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente en https://sede.xunta.gal co formualrio PR771A
O prazo estará aberto ata o o 15 de outubro de 2021.
Máis información no DOG do 20 de maio de 2021 e en https://egap.xunta.gal/

A Deputación de Pontevedra, co obxecto de contribuír á difusión e á promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia de Pontevedra e de fomentar ao tempo o uso e a normalización social da lingua galega e a defensa dos valores da igualdade de xénero, pon en marcha o programa “Musigal” 2021.

Este programa nace co obxectivo de favorecer a programación artística por parte dos concellos e diríxese especificamente aos grupos e artistas profesionais de música. 

Poderán inscribirse neste programa unicamente os grupos musicais profesionais que aborden de xeito específico contidos  sociolingüísticos e de dinamización da lingua galega e que fagan música en galego nos seus concertos ou, no caso de ser instrumentais, que as súas pezas sexan de autoría galega.

Os grupos interesados, sen personalidade xurídica propia, poderán formular as súas solicitudes por medio de representante autorizado para a contratación exclusiva do grupo no ámbito da provincia de Pontevedra. Cada entidade ou persoa representante presentará un máximo de catro solicitudes de inscrición de grupos musicais neste programa.

Non se admitirán neste programa grupos inscritos no Catálogo de grupos Pontegal da Deputación de Pontevedra.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.


O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO martes 22 de decembro de 2020) e rematará o 20 de xaneiro de 2021.

BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “MUSIGAL” 2021

Xa podes disfrutar da exposición virtual das ilustracións seleccionadas polo Injve no concurso #30díasencasa

http://www.injuve.es/creacionjoven/noticia/ilustraciones-30diasencasa

O Concello de Pradela convoca o XXV Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López.

Poderán concorrer anualmente ao Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López, todos os autores que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade, admitíndose unha soa obra por categoría e autor.

Categorías e requisitos das obras.

Narrativa:
Os relatos terán unha extensión máxima de vinte folios, sen mínimo, mecanografadas (ou a ordenador) e a dobre espazo.

Poesía:
As obras de poesía terán unha extensión máxima de 100 versos.
En ambas categorías, deberán ser orixinais, inéditos, non premiados en calquera outro tipo de concurso e estar escritos en galego ou en castelán, debendo estar rematadas con carácter previo á convocatoria.

Especial Camiño de Santiago:
Cos mesmos requisitos sinalados nos parágrafos anteriores, tendo en conta a celebración da XXV Edición do Certame, o paso do Camiño Francés por Paradela e a celebración no Ano 2021 do Ano Xacobeo, créase para esta Edición unha modalidade relativa ao Camiño de Santiago, en especial referida ao Camiño Francés ao seu paso por Paradela.
Nesta modalidade concorrerán de xeito conxunto tanto as obras de narrativa coma as de poesía.

Presentación das obras.
O prazo de entrega stará aberto ata o 30 de novembro de 2019.
Enviarase un único exemplar, sen sinatura e cun lema, ao seguinte enderezo:

CONCELLO DE PARADELA
Certame literario
(Modalidade Poesía/Narrativa/Especial Camiño de Santiago)
Rúa Cabaleiros de Santiago, nº 15
27611 Paradela. Lugo

En sobre aparte e pechado, constará o lema que distinga o traballo, e no interior o nome e apelidos do autor/a, DNI ou pasaporte, domicilio, teléfono, poboación de residencia, declaración formal de que a obra é axustada ás normas contidas na base segunda. Abriranse soamente os sobres dos traballos premiados.
No caso de que as obras se remitan mediante correo electrónico, á conta oix.paradela@eidolocal.es, deberán enviarse no mesmo correo electrónico, dous arquivos en formato PDF, un co contido da obra e outro onde constará o lema que distinga o traballo, no que conterá, no seu interior, o nome e apelidos do autor/a, D.N.I. ou pasaporte, domicilio, teléfono, poboación de residencia, dirección de correo electrónico (no seu caso) e declaración formal de que a obra é axustada ás normas.
Os arquivos PDF referenciaranse do seguinte xeito:
- Datos persoais ou plica, co título da obra.
- O título da obra.

Premios.
Modalidade narrativa:
1º Premio: 1.000 €
2º Premio: 500 €
Modalidade poesía:
1º Premio: 1.000 €
2º Premio: 500 €
Modalidade especial Camiño de Santiago:
1º Premio: 1.000 €

http://www.paradela.es/sites/default/files/Bases_Certame_Literario-castelan.pdf

Xeración 2020

Mar 22, 2019

Chega unha nova edición de Xeracións, a convocatoria dirixida a artistas emerxentes. Se tes un proxecto de calquera manifestación artística, plástica ou visual esperando a facerse realidade, podes envialo ata o 22 de abril.

Xeracións xorde no ano 2000 co obxectivo de ofrecer unha plataforma, dedicada á arte actual, para mostrar o traballo de mozos creadores e difundir anualmente estas propostas artísticas entre a crítica especializada e o público xeral.

A Fundación  Montemadrid posibilita, aos creadores menores de 35 anos, desenvolver un amplo proxecto, que pode non estar finalizado, permitindo aos xurados deterse nos procesos creativos. O resultado é unha exposición na que se mostran os oito proxectos gañadores de Xeración 2020 que serán presentados no mes de febreiro do próximo ano na Casa Encendida.

Seleccionaranse ata 8 proxectos artísticos.

Cada participante presentará un traballo inédito, que pode estar ou non terminado, de calquera manifestación artística, plástica ou visual. O proxecto presentado á convocatoria premiado polo xurado non poderá variar da obra exposta na mostra.

O prazo para a total finalización do traballo será decembro de 2019. Se o proxecto presentado xa está finalizado, non debe ser anterior ao ano 2018 e non pode mostrarse previamente, nin facelo ata a inauguración da exposición.

Os participantes inscribiranse a través de www.lacasaencendida.es  Deberán encher un formulario e achegar a seguinte documentación: un CV e DNI ou tarxeta de residencia en formato pdf, un resumo do proxecto que presentan (máximo 1500 caracteres, espazos incluídos) xunto con material gráfico da parte do proxecto plástico ou visual que xa este producida e calquera tipo de debuxo, esquema, ilustración se non o está, tal e como se solicita na Web. A organización admitirá nesta convocatoria todo tipo de traballos visuais sen limitacións artísticas nin técnicas.

Os artistas cuxos traballos sexan seleccionados obterán unha dotación de 10.000 euros cada un.
Seleccionaranse ata 8 proxectos artísticos.

Máis información www.fundacionmontemadrid.es