Convocatoria xeral (39)

Importe das axudas:

400 € para o carné B, 650 e para o Carné C e 1.300 € para o carné D

Requisitos das persoas mozas no momento de presentar a solicitude:

- Ter feitos os 18 anos , sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.

- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

- Non estar traballando por conta propia nin allea.

- Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.

Prazo e forma de presentación:

As solicitudes poden presentarse desde o día seguinte ao da publicación da orde no DOG ata o día 30 de setembro de 2024, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito dispoñible.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos (Chave 365, DNI electrónico ou calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Documentación que debe presentarse coa solicitude:

- Autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico, no caso de que a persoa solicitante teña aprobado o/s carné/s obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido.

- O/s certificado/s de empadroamento histórico que acredite/n a antigüidade mínima esixida, no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.

 

 

 

 

A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento convoca 148 prazas de Lectorados MAEC-AECID en Universidades Estranxeiras para o curso 2024/2025

Requisitos:
- Cidadáns españois, con idade non superior aos 37 anos no primeiro día do mes de inicio do lectorado.
- Titulación superiores nalgunha destas disciplinas: Español, Filoloxía, Literatura, Linguas, Humanidades, Tradución, Interpretación ou Lingüística.

As axudas consisten en:
- dotación mensual que variará en función do país e universidade de destino
- axuda de viaxe de incorporación de acordo co país de destino
- seguro de asistencia en viaxe e de accidentes durante o período de vixencia da axuda (ou ata 160 € mensuais para a contratación dos seguros)
- ata 250 € para a adquisición de material didáctico para o ensino do español
- ata 200 € de axuda para formación e bolsas de viaxe en compensación por gastos para asistir a reunións de lectores sobre temas ou actividades relacionadas coas funcións propias do programa.

Prazo de solicitude: do 8 ao 25 de xaneiro de 2024.
As solicitudes terán que ser cumprimentadas debida e enteiramente en español, no formulario correspondente, por vía telemática, conformado en www.aecid.gob.es

Máis información no BOE do 20 de decembro de 2023 e en https://www.aecid.es/ES/becas-y-lectorados

A Fundación SEPI, F.S.P. convoca as bolsas do Programa de Iniciación na Empresa 2023/2. O obxectivo deste programa é posibilitar un período de formación práctica no ámbito empresarial a persoas mozas (universitarias ou de grao superior de formación profesional) sen experiencia profesional.

prazo de inscrición estará aberto ata o 24 de setembro de 2023. A duración desta formación remunerada é inicialmente de 6 meses con posibilidade de ampliación.

Requisitos

Concluír, no momento de realizar a entrevista persoal, os estudos necesarios para a obtención dun título universitario oficial ou superior de formación profesional, apto para desempeñar tarefas dacordo coas prazas ofertadas polas empresas e institucións colaboradoras do Programa. A relación de titulacións aptas para poder acceder ás bolsas do Programa quedará exposta na páxina web da FUNDACIÓN.
Concluír os estudos necesarios para a obtención do título de que se trate ou cumprir co requisito establecido no parágrafo segundo do apartado anterior desde o 1 de xaneiro de 2021.
Nacer a partir do 1 de novembro de 1993, para a convocatoria 2023/2.
Non desempeñar traballo profesional algún relacionado coa súa titulación, xa sexa por conta propia ou allea.
Non ser beneficiario ou beneficiaria dalgún programa de bolsas da FUNDACIÓN SEPI, nin renunciar a algunha bolsa outorgada por esta institución durante o período formativo.

Remuneración

Gozar dun período de formación práctica nalgún dos centros das empresas e institucións colaboradoras no proceso 2023/2 do Programa.
885€/mes, para as persoas beneficiarias que sexan tituladas universitarias.
800€/mes, para as persoas beneficiarias que sexan técnicas superiores de formación profesional.


Máis información

Páxina web
Fundación SEPI
R/ Quintana, Nº 2, 3ª planta, porta 2. 28008- Madrid
Tlf.: 91 548 83 51
correo: becas@fundacionsepi.es

O Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) convoca unha bolsa para a formación en comunicación e divulgación da cultura científico-técnica.

A súa finalidade é a de formar a estudantes ou recentemente nos ámbitos de coñecemento do título/títulos académicos: Xornalismo, Comunicación, Publicidade e Relacións públicas.

A duración será de tres meses.

Está destinada a recentemente titulados ou tituladas (curso 2022-2023) de grao ou estudantes ou recentemente titulados de máster universitario (curso 2022-2023).

A dotación das Bolsas é de 700 euros brutos mensuais máis unha cantidade de axuda para gastos de viaxe que se abonará nun pago único cuxa contía dependerá do lugar de residencia do beneficiario. O IAC proporcionará aos bolseiros seleccionados un seguro privado de accidente.

Prazo: 5 de xullo de 2023
Máis información no BOE do 21 de xuño de 2023 e en https://www.iac.es/es/ofertas-de-trabajo

IAESTE, Asociación Internacional de Intercambio de Estudantes para a Experiencia Técnica, ofrece oportunidades profesionais en todo o mundo para adquirir experiencia e aumentar as posibilidades de emprego dos mozos.

Destinatarios/as
Residentes nun país no que IAESTE estea presente.

Áreas de realización de prácticas
Informática e ciencias da información
Química, ciencia dos materiais e enxeñería química
Enxeñería mecánica
Enxeñería civil, xeoloxía e minería
Arquitectura
Matemáticas e estatística
Física
Administración e dirección de empresas e márketing

Condicións
Prácticas remuneradas
Duración entre 8 e 52 semanas
Prazos e requisitos varían en función do posto
Poden esixirse determinadas taxas

Solicitudes
Listado de prácticas dispoñibles: iaeste.org/internships
Rexístrate na Plataforma: Formulario de inscrición
Contacta coa túa oficina nacional para informarlles de que che inscribiches mencionando o número de referencia da práctica que desexas solicitar
Mantente en contato co teu Comité Nacional, que te guiará ao longo do proceso

O prazo para presentar a candidatura (o conxunto completo de documentos requiridos) está aberto ata o día 11 de Marzo de 2023


Podes obter máis información na páxina web de IAESTE: iaeste.org

O Ministerio de Educación convoca 5 bolsas para a ampliación de estudos artísticos e de xestión cultural nos Estados Unidos de América para o curso 2023/2024, nas seguintes especialidades ou áreas de actividade:
- Artes Cinematográficas e Audiovisuais
- Artes Escénicas
- Artes Plásticas e Visuais
- Música e Musicología
- Museoloxía e Conservación do Patrimonio

Requisitos das persoas solicitantes:
Españoles/as que estén en posesión dun título superior expedido por unha universidade española, ademais deberán tener unha carta de acceso ou invitación dun centro estadounidense.

Dotación: a asignación mensual será de 1.484 a 2.925 dólares, segundo universidade ou centro de destino. Ademais abonarase o billete de ida e volta e gastos varios (de 2.300 a 2.600 dólares), máis os gastos de matrícula e taxas (máximo de 34.000 dólares).

O formulario de solicitude electrónica así como o impreso das cartas de referencia están dispoñibles en http://www.fulbright.es

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 27 de marzo de 2023.
Máis información no BOE do 27 de febreiro de 2023 e en
https://fulbright.es/programas-y-becas/becas-para-espanoles/ 

 
A Mesa do Parlamento de Galicia convoca a concesión das seguintes bolsas relacionadas coa actividade da institución:
 
1) Oito bolsas individuais para contribuír á formación en prácticas de persoas con titulación universitaria, nas seguintes modalidades:
 
-2 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
-2 bolsas de formación en comunicación institucional.
-2 bolsas de formación en publicacións.
-1 bolsa de formación en recursos humanos e contratación.
-1 bolsa de formación en xestión parlamentaria.
 
2) Unha bolsa destinada a persoas con discapacidade intelectual igual ou superior ao 33%, con titulación universitaria ou formación profesional, para contribuír á súa formación nas áreas de asistencia xeral e administrativas.
 
As bolsas terán unha duración máxima de 12 meses desde a súa concesión.
 
As solicitudes poderán presentarse no prazo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
 
Convoca
Parlamento de Galicia
 
Requisitos
Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados aos que, en virtude de tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa aplicable a libre circulación de persoas.
Posuír as titulacións universitarias indicadas na convocatoria.
Ampliar a información de requisitos na convocatoria.
 
Dotación
O importe total de cada bolsa será de 12.000 euros brutos.
 
Máis información no DOG 13 de Febreiro de 2023.
 

A Fundación Ramón Areces convoca Bolsas para a realización de estudos de posgrao en universidades e centros de investigación no estranxeiro, durante o curso 2023/2024.

A convocatoria está orientada cara ás temáticas seguintes:

Análise económica
Distribución comercial
Economía aplicada
Economía da empresa
Historia Económica
Dereito da Unión Europea

Requisitos
Nacionalidade española.
Posesión dun título de licenciatura, grao ou máster universitario que dea acceso aos estudos solicitados.
Estudantes que durante o curso académico 2022/2023, se atopen cursando o último ano dalgunha das titulacións mencionadas nunha universidade española ou dun país do Espazo Europeo de Educación Superior.
Acreditar a admisión no programa de estudos proposto ou no centro onde levará a cabo a investigación para a que se solicita a Bolsa.
Coñecemento excelente do idioma no que se desenvolvan os estudos ou investigación.
Non ser beneficiarios de ningunha bolsa ou axuda económica para a realización de estudos, crédito, ou calquera outra asignación de similar natureza durante o goce da Bolsa.

Prazo de presentación de solicitudes aberto ata o día 28 de febreiro de 2023

Dotación económica: 1.800 euros mensuais netos.

 

Podes consultar máis información acerca desta convocatoria na seguinte ligazón: www.fundacionareces.es

O Programa Aditus está promovido pola Fundación Max Mazin e ten como principal obxectivo asesorar a estudantes españois con alto potencial académico e recursos económicos limitados, no seu proceso de solicitude ás universidades internacionais máis prestixiosas, ofertando un total de 20 bolsas.

Os compoñentes que o programa Aditus proporciona aos seus estudantes son:
 - Orientación personalizada con titorías individuais que estudan nas universidades obxectivo do programa
 - Formación para exames obrigatorios
 - Asignación de bolsa, segundo renda, para sufragar gastos de probas académicas de acceso, que se realizan en España.
Os estudantes que son seleccionados non teñen que realizar ningunha achega económica por participar no programa Aditus.

Prazo: A data de elixibilidade para enviar solicitudes estenderase ata o 31 de xaneiro de 2023. O proceso de selección realizarase no mes de febreiro de 2023.

Requisitos
Nacionalidade española ou en tramitación.
Estar a cursar 1º Bacharelato, en calquera das modalidades admitidas no sistema educativo español, no ano 2022-2023
Expediente académico: Nota media cursos 3º e 4º ESO (ou equivalentes) mínima de 8,75 (sobre 10)
Nivel alto de inglés (mínimo B2 ou equivalente)

Dotación
Matrícula de ata 1400€
Gastos vinculados a requisitos obrigatorios dos procesos de admisión (taxas exames, tradución xurada de notas, formularios de solicitude, etc)
Formación para preparación exames SAT e TOEFL e material propio.


Información da bolsa | Formulario de solicitude | igomez@programaaditus.org 

A Fundación "La Caixa" convoca 80 bolsas para cursar estudos de posgrao (máster, doutoramento ou investigación predoutoral) cunha duración máxima de 24 meses.

Estudos de posgrao a cursar en calquera país dentro do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), América do Norte (Estados Unidos e Canadá) e a rexión Asia-Pacífico (Australia, Corea do Sur, India, Xapón, Singapura e China).

A convocatoria comprende tódalas áreas de coñecemento, pero exclúense os programas de Master of Business Administration (MBA).

Os estudos son de máster, doutoramento ou proxectos predoutorais de investigación científica e técnica.

O período de inscrición está aberto ata o 1 de febreiro de 2023 ás 14:00 h da España peninsular.

Requisitos

Ter a nacionalidade española ou portuguesa.

Acreditar un nivel avanzado do idioma no que se cursarán os estudos de destino.

Dispoñer dun título de grao concedido por unha universidade española (candidatos españois) ou universidade portuguesa (candidatos portugueses). Os estudos de grao deben de finalizarse entre xaneiro de 2014 e xullo de 2023.

 

Máis Información

becas@fundacionlacaixa.org

Bolsas de posgrao nas estranxeiro

Bases do programa en inglés