Outros cursos (137)

Programa da Fundación ONCE para mozos e mozas con discapacidade.

Que é Alianzas co Talento? É un proxecto financiado polo Fondos Social Europeo dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Para que xorde o proxecto? Impulsar aos mozos con discapacidade cara á procura activa de emprego e inserirlles no mercado laboral.

A quen está dirixido? A mozos con discapacidade de 16 a 29 anos, que se atopan nunha situación de procura activa de emprego.

Cal é o principal obxectivo? Activar a mozos con discapacidade cara ao emprego, proporcionando as ferramentas e habilidades laborais necesarias para a súa inserción no mercado laboral. Para iso, realizan talleres e cursos de formación ocupacional gratuítos, que inclúen unha bolsa de desprazamento para todo o alumnado.

Máis información en

Fundación ONCE
Edificio Área Central
Plaza de Europa , nº 15A, 2ª Planta
15707 Santiago de Compostela ( A Coruña )
Teléfonos: 981 554 483 e 687 936 941
https://www.portalento.es/ 

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa: Ideas cooperativas en acción.

Datas: do 29 de marzo ao 1 de abril de 2022

Horario: de 09:00 a 14:00 horas

Modalidade: presencial

Lugar: Escola Universitaria de Estudos Empresariais, Rúa do Conde de Torrecedeira, 105, Vigo, Pontevedra

Duración: 20 horas

Destinatarios: Persoas emprendedoras interesadas no autoemprego cooperativo; persoas cunha idea de negocio que queren avaliar a opción cooperativa e axentes intermedios que asesoran proxectos cooperativos.

Programa formativo:

Tema 1 - Identifica o teu proxecto cooperativo (CANVAS)
Tema 2 - Analiza as áreas comercial e de mercado.
Tema 3 - Estudia a viabilidade económica e financeira
Tema 4 - Planifica a área organizativa e os trámites de constitución (CONSOLIDA_ES)

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

A inscrición e gratuíta. Máis información: www.espazo.coop / patane@espazo.coop / 881 887 456

Talento Xove

Mar 04, 2022

O programa de Webinars TransformaTech Sessions comprende unha serie de breves encontros virtuais sobre tecnoloxías disruptivas para a sociedade dixital, impartidos polos/as profesionais das empresas colaboradoras e dirixidos a diversos públicos en función do tema de cada relatorio.

A modalidade Profesional do programa está orientada a profesionais, titulados e estudantes universitarios do ámbito STEAM ou a grupos mixtos de perfís tecnolóxicos e non tecnolóxicos interesados en ampliar os seus coñecementos nas materias impartidas.

Baixo a modalidade Talento Xove, as sesións desenvólvense con contidos adaptados a rapaces a rapazas de 12 a 16 anos e a centros educativos de bacharelato e Formación Profesional, achegando as novas tendencias tecnolóxicas aos máis novos e novas.

Con este ciclo de webinars afóndase en temáticas de gran relevancia na sociedade como o Big Data, o 5G/6G, a ciberseguridade, os servizos na nube e as tecnoloxías Cloud, a Intelixencia Artificial, o Internet das Cousas (IoT), as tecnoloxías Smart City ou a robótica avanzada.

Esta actividade enmárcase no catálogo de actuacións do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia (DigiTalent), impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e conta coa colaboración das entidades do Pacto Dixital de Galicia e os Colexios Profesionais do ámbito tecnolóxico galego.

Pódeste apuntar aquí:  https://gaiastech.xunta.gal/gl/actividades/webinars-transformatech-sessions 

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, como entidade integrante da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa: INNOVACIÓN EN MARKETING E VENTAS: NOVOS XEITOS DE CHEGAR AO MERCADO NO EIDO DA ECONOMÍA SOCIAL

Datas: 14 e 24 de febreiro e 3 de marzo de 2022

Horario: de 09:00 - 14:00 h

Modalidade: presencial

Lugar: Cámara de Comercio de Santiago, Viveiro de empresas, Rúa da República Checa, 40, Polígono de Costa Vella, Santiago de Compostela

Duración: 15 horas

Obxectivos: Transmitir a importancia do novo cambio de paradigma nas empresas que dende a pandemia da Covid-19 están a prestar cada vez máis atención a dixitalización e aplicación de ferramentas de dixitalización as empresas de economía social, cooperativas, pemes e autónomos.

No taller traballarase en cómo aplicar a dixitalización no sector e no eido de negocio concreto, aplicando o marketing dixital, o que se traduce nunha mellora das ventas.

Contido formativo:

O novo paradigma dixital, aplicacións no eido da economía social
Novos modelos de negocio híbridos (tradicional+dixital)
A estratexia dixital. Como atraer ao meu cliente dixital?
Fases e implementación da estratexia
Social selling. Atracción en RRSS. Onde está o meu cliente?
Proposta de valor. Como diferenciarme e ser percibido como único no mercado?
Automatización. Sistemas automatizados de captación de clientes.

Máis información e inscricións: eusumo.gal

A Fundación CEL, a través da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa: ACCIÓNS CONECTADAS: Promoción, fomento e difusión da economía social

Datas: do 3 ao 31 de marzo

Horario:

- O 3 de marzo de 17:00 a 19:00 horas
- O 10,17, 24 e 31 de marzo de 16:00 a 20:00 horas

Modalidade: presencial nas instalacións da Fundación Cel Iniciativas por Lugo sitas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Duración: 18 horas (5 sesións)

Destinatarios: Cooperativas e sociedades laborais e emprendedores que aposten pola fórmula cooperativa e economía social.

Obxectivo: Proporcionar un achegamento á economía social e formar aos promotores para o desenvolvemento ou mellora das súas competencias neste campo.

Planificación temporal:

Xornada de difusión
Obradoiros formativos
Casos de éxito de cooperativas e empresas
Servizo de asesoramento individualizado
Programa formativo:

Xornada de difusión: As cooperativas como motor do emprendemento social
Obradoiro: O marketing dixital: tecnolocía e comunicación no novo paradigma de consumo
Obradoiro: Xestión económico-financeira avanzada no cooperativismo e nas entidades de economía social
Obradoiro: Planificación estratéxica e innovación comercial na economía social
Obradoiro: Negociación e xestión de conflictos no entorno da economía social
Inscrición: a través deste formulario.

Para máis información: 982 284 150 / formacion@fundacioncel.org

Para consultar o programa e facer a inscrición: eusumo.gal

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, como entidade integrante da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa:

CREACIÓN DA TENDA EN LIÑA CON SHOPIFY PARA ENTIDADES DE ECONOMÍA SOCIAL

Datas: 14 ao 18 de febreiro de 2022

Horario: de 10:00 - 13:00 h

Modalidade: en liña

Duración: 15 horas (5 sesións de 3 horas de duración cada unha)

Obxectivos:

Coñecer Shopify como plataforma de comercio electrónico na nube
Axudar a elixir un plan de prezos e servizos segundo as necesidades do asistente
Aprender os pasos básicos para a creación dunha tenda en liña sinxela con Shopify
Coñecer as posibilidades de integrar servizos externos en Shopify (TPV, compartir catálogo, etc).

Contido formativo:

O e-commerce e as entidades de economía social
Shopify: A túa tenda na nube
Plans de prezos en Shopify
Diferencias de Shopify con outras plataformas de comercio electrónico
Comparativa de Shopify con outros sistemas na nube
Comisións por vendas en Shopify
Características básicas de Shopify
Vantaxes e inconvintes de Shopify
Creación dunha tenda en liña en Shopify: pasos do proceso
Elección do deseño da web
Configuración do back office
Xestión de produtos e inventarios
Prezos, ofertas e códigos de desconto
Xestión de pedidos
Loxística con Shopify
Integración coas empresas de loxística
Xestión de clientes
Integración de TPV virtual e sistemas de pagamento. Plataforma de pagamento de Shopify
Integración con tenda física: Conexión con software de punto de venda e integración de inventario
Ferramentas gratuitas de marketing dispoñibles en Shopify
Xestión do blog en Shopify

Máis información e inscricións: eusumo.gal

DigiTalent

Feb 08, 2022

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Amtega, lanza un programa no marco do Plan DigiTalent para fomentar vocacións e adaptar a estudantes, titulados e profesionais aos novos perfís dixitais

Ao longo das sesións abordaranse temáticas relacionadas con tecnoloxías disruptivas que teñen gran impacto na sociedade dixital. O Big Data, a ciberseguridade, a intelixencia artificial, o internet das cousas, a robótica ou as tecnoloxías relacionadas coa xestión medioambiental serán algúns dos temas a tratar, con contidos adaptados aos diferentes públicos: rapaces e rapazas ata 16 anos, centros educativos e profesionais, estudantes e titulados tanto afíns a perfís tecnolóxicos como a non tecnolóxicos.

O ciclo de webinars abre xa a súa inscrición aos primeiros relatorios para os máis novos/as. As xornadas están deseñadas nun formato breve e participativo. Con isto, a Amtega busca achegar as novas tendencias tecnolóxicas aos asistentes dun xeito dinámico, xerando espazos nos que os participantes poden interactuar cos relatores para resolver as súas dúbidas e inquedanzas.

Iniciativas dirixidas á infancia e a adolescencia

A Amtega segue a poñer o foco no fomento das vocacións científico-tecnolóxicas dende idades temperás, onde destacan as actuación dirixidas a centros educativos. Neste eido, DXC Technology impulsa unha nova edición de DXC Iberia Codes, na que os participantes competirán por parellas empregando a tecnoloxía Scratch para programar un videoxogo de aventuras, este ano baixo a temática da loita contra o cambio climático e a protección da biodiversidade.

Pola súa banda, Altia Consultores ven de abrir no mes de xaneiro GenTech, un programa de sesións dixitais que buscan inspirar ao alumnado de 12 a 18 anos sobre as profesións tecnolóxicas da man de expertos da compañía. Ademais, a empresa ofrece este curso a posibilidade de que os centros educativos desfruten ata o mes de xuño dunha visita guiada polas instalacións do Data Center de Altia situado en Vigo.

Este trimestre ven marcado tamén polo lanzamento de talleres de introdución á tecnoloxía LED, ao deseño e impresión 3D e á robótica colaborativa impartidos polos expertos e expertas de Televés e pola apertura de Mentoring Day, co que se busca achegar ao alumnado da ESO e Bacharelato á realidade do mundo laboral acompañados polos profesionais da empresa.

Iniciativas dirixidas á Xuventude

Outro dos bloques prioritarios de actuación do Plan é a adaptación dos estudantes e profesionais ás demandas do mercado laboral, co obxectivo de maximizar as oportunidades de desenvolvemento profesional dos galegos e galegas no eido das novas tecnoloxías.

En liña con este eixe estratéxico, Altia, DXC Technology e NTT DATA suman esforzos coa Amtega para impulsar a formación especializada e achegar a realidade do mundo da empresa á comunidade universitaria e á Formación Profesional nos próximos meses, con iniciativas como Altia FP Dual, AltiaStaging, Altia TechDay, Altia Premia, o Programa UNIQA, o Observatorio DXC ou a celebración de actividades no marco do Foro Tecnolóxico da Universidade de Vigo.

Toda a información sobre estas iniciativas, así como o resto de actuacións recollidas no catálogo DigiTalent encóntrase dispoñible no espazo web DigiTalent, que ofrece as datas, localizacións e instrucións para participar en constante actualización.


Iniciativas dirixidas á infancia e a adolescencia

Iniciativas dirixidas á Xuventude

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias AGACA, a través da Rede Eusumo, organiza unha nova edición do obradoiro:

EMPRENDEMENTO COOPERATIVO NO MEDIO RURAL: OPORTUNIDADES DE NEGOCIO.

Datas: do 22 de febreiro ao 8 de marzo de 2022

Horario: de 10:00 a 13:00 horas

Modalidade: en liña a través da aula virtual

Obxectivos:

Comprender o concepto de empresa cooperativa e da persoa emprendedora e valorar o seu papel como axente xerador de riqueza e motor económico no ámbito rural.
Valorar a importancia do asociacionismo como fonte de dinamización social, e como un medio de sumar esforzos e compartir ideais.
Coñecer algunhas das oportunidades de negocio que existen no medio rural e ter acceso a contactos para desenvolver proxectos novidosos.
Definir os aspectos xerais e os elementos necesarios para levar a cabo un proxecto de emprendemento cooperativo no medio rural.
Coñecer os apoios que poden prestar as cooperativas a xuventude con proxectos de emprendemento no medio rural.

Programa:

Martes 22 de febreiro: Por que emprender?
Xoves 24 de febreiro: 12 oportunidades de negocio para o emprendemento no medio rural
Martes 1 de marzo: Xeración e maduración de ideas para un proxecto emprendedor no medio rural
Xoves 3 de marzo: A fórmula cooperativa como modelo de emprendemento
Martes 8 de marzo: Elaboración do plan emprendedor

Inscrición gratuíta.

Accede ao formulario de inscrición

Para mais info: www.agaca.coop / 981 584 783 / agaca@agaca.coop

"A túa Carreira Dixital" é un proxecto de Adecco, xunto a Red.es, para transformar as traxectorias profesionais de persoas mozas e enfocalas ao ámbito dixital.

Consiste en cursos gratuítos en competencias dixitais para mozas e mozos de toda España que abarcan as disciplinas máis demandadas do mercado como: Marketing Dixital; Programación Web Full Stack e Programación de Videoxogos, Deseño 3D e Realidade Virtual.

As formacións son presenciais ao longo de todo o territorio nacional. Non é necesario ter coñecementos previos, pero si é necesario que estar rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Ademais de capacitarlles profesionalmente, o obxectivo é que os mozos atopen un emprego tras a finalización destes cursos, participando en sesións de empregabilidade. Outro dos focos é captar a mulleres para a realización destes cursos, eliminando a brecha que existe nas profesións STEM sobre este colectivo.

Requisitos
- Maiores de 16 anos e menores de 30 anos.
- Non estar nin estudando nin traballando.
- Estar rexistrado/a no Sistema de Garantía Xuvenil.
- Interesados/as nas novas profesionais dixitais e tecnolóxicas.
- Non é necesaria formación específica nin titulación previa.

https://www.tucarreradigital.es/ 

Reiníciate: enfoca o teu futuro, é un programa de emprego xuvenil dirixida á mocidade de entre 16 e 30 anos da provincia de Lugo en situación de desemprego e inscrita no Sistema de Garantía Xuvenil.

O Reiníciate inclúe ata tres meses de prácticas non laborais remuneradas. O alumnado poderá completar a súa formación tanto en empresas como en asociacións da provincia cobrando uns 700€ ao mes durante este período.

A formación está dirixida, principalmente, á adquisición de coñecementos e tarefas vencelladas ás novas tecnoloxías, á dixitalización e á administración electrónica. Os contidos das 23 accións centraranse nas ramas de: community manager e márketing dixital, xestión informática para pemes e asociacións, xestión informática para licitacións públicas, xestión comercial e redes sociais.

Estes programas estanse a impartir de maneira semipresencial, co obxectivo de facilitar que o alumnado poida recibir formación dende calquera punto da provincia, dándolles un trato personalizado e fomentado o traballo en equipo.

As inscricións pódense facer na web https://empleojovenlugo.es/