Outros cursos (136)

A Universidade Camilo José Cela, Gdoce Formación e P.U.E. convocan o programa "Generación Digital"

Este programa consiste en formación e mentorización en transformación dixital para persoas desempregadas ou traballadoras menores de 35 anos que queiran converterse en Axentes do Cambio Dixital. Obterase os coñecementos e habilidades necesarias para impulsar a transformación dixital nas empresas e con iso mellorar a produtividade e crecemento nacional e internacionalización.

1. Xestión Empresarial e Estratéxica
2. Innovación
3. Os procesos co cliente
4. Tecnoloxía e habilitadores da transformación dixital
5. Habilidades (SOFT SKILLS)

As titulacións que obterán os alumnos/as será FORMACIÓN - Expertos/as en transformación dixital. Titulación Oficial de 15 ECTS Universidade Camilo José Cela + Titulación PMI Project Management ReadyTM Certification.

Ademais os alumnos/as que finalicen accederán a unha nova Bolsa de Emprego da E.O.I.
Ademais as PEMES que queiran incorporar no seu equipo un Axente do Cambio para impulsar a súa transformación dixital, poderán gozar de axudas de ata 20.000 € para a contratación indefinida a tempo completo.

www.tuimpulsodigital.es 

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) organiza cursos de Lingua de Signos Española.

Xa podes matricularte nos cursos que impartirán a partir de setembro en diferentes niveis:

- Nivel A1-A2, de 150 horas, ofrecerémolo en dúas modalidades a elixir: online ou presencial.
- Nivel B1.1, de 60 horas online.
- Nivel B2.2, de 80 horas online.

Os cursos online de Nivel A1-A2 e B1.1 impartiranse a través dunha plataforma en liña dispoñible as 24 horas, sen horarios.
O curso en liña de Nivel B2.2 terá clases online a través de Zoom.
En canto á modalidade presencial, que só se ofrecerán para o Nivel A1-A2, as clases terán unha duración de 2 horas e media, con dúas sesións por semana. Impartiranse estes cursos presenciais nas 7 cidades de Galicia e en horarios de mañá ou tarde.

https://www.faxpg.es/index.php?V_dir=MSC&V_idmod=62&idn=4606&newlang=galician 

 

 

Aquí tedes o programa  dos cursos de verán que realizaranse na Udc nos Campus de Coruña e Ferrol

 

https://www.udc.es/es/occ/actividades/cursos-de-veran-00001/

 

Xuño

9, 12 e 13 de xuño               - Modelado 3D con Siemens NX. Módulo 1. Obradoiro Nivel Básico.

14, 15 e 16 de xuño            - Modelado 3D con Siemens NX. Módulo 2. Obradoiro Nivel Intermedio.

Xullo

3, 4 e 5 de xullo                     - Boas prácticas para a promoción da formación e autonomía das personas con discapacidade intelectual.

3, 4 e 5 de xullo                     - Atando redes: Muller, memoria e arquivos na era dixital.

Del 3 ao 7 de xullo                -A acción da Unión Europea na transición ecolóxica e dixital dos mares e oceános.

6 e 7 de xullo                         - IV Curso de Verán sobre tartarugas e mamíferos marinos en Galicia.

Do 10 ao 13 de xulloo          - Queres ser un estudante máis eficaz? Xestión do tempo e do estrés na actividade académica.

12 e 13 de xullo                     - XVI Curso de verán sobre dinamización lingüística, traballando en lingua no ocio.

17, 18 e 19 de xullo               - Iniciación ao Modelado BIM de instalacions en edificacións con Revit + CYPE. Módulo 1 - Modelado con Revit Arquitectura.

20, 21 e 24 de xulloo             - Iniciación ao Modelado BIM de instalacions en edificación con Revit - CYPE. Módulo 2 - Modelado de Instalacions con CYPE (flujo de trabajo OpenBIM).

Setembro

Do 18 ao 21 de setembro     - Competencia fiscal. Desenroloo económico e  descentralización: impactos nas economías locais.

Máis Información:

 Vicerrectorado de Igualdad, Cultura e Deporte da UDC

Tel :  981167000

 

 

 

A Universidade de Verán da USC achega nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro un amplo catálogo de cursos con variados centros de interese que se desenvolven en Compostela, Lugo,Guitiriz, Lalín, Méis, Vilagarcía, Porto do son,Ribadavia, Seoane do Caurel e Vilanova de Lourenzá

Consulta los cursos  neste enlace:

https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/formacion/universidade-veran

 

  • Máis Información:

    • Campus de Santiago de Compostela:

      Área de Cultura. Colexio de San Xerome. Praza do Obradoiro s/n

      Teléfonos 881811018 e 881811103

      Campus de Lugo:

      Edificio de Servicios Administrativos e Biblioteca Intercentros

      Teléfono 982821513

Acaba o prazo DE SOLICITUDES, secuencialmente:

  • 2 de xuño para os cursos que se celebran na semana do 12 de xuño
  • 9 de xuño para os cursos que se celebran na semana do 19 de xuño
  • 16 de xuño para os cursos que se celebran na semana do 26 de xuño
  • 23 de xuño para os cursos que se celebran na semana do 3 de xullo
  • 30 de xuño para os cursos que se celebran na semana do 10 de xullo
  • 7 de xullo para os cursos que se celebran na semana do 17 de xullo
  • 14 de xullo para os cursos que se celebran na semana do 24 de xullo
  • 21 de xullo para os cursos que se celebran na semana do 31 de xullo
  • 24 de agosto para os cursos que se celebran a partir do 28 de agosto

O Itinerario de Emprendemento Social Xuvenil é un programa gratuíto dirixido a persoas desempregadas entre 18 e 35 anos que queiran emprender. Este programa que ten como obxectivo acompañar e asesorar o proceso da posta en marcha do seu propio proxecto a persoas que estean a pensar no emprego por conta propia.

O Itinerario de Emprendemento Social Xuvenil desenvólvese 100% en liña. E leva a cabo a través dunha metodoloxía que combina o traballo en equipo e individual, talleres grupais, titorías individualizadas e formación en liña.

Impartiranse varios bloques formativos:
Bloque I. Prototipado para proxectos de emprendemento social.
Bloque II. Deseño de modelos de negocio social e circular. Enfoque de xénero. Fórmulas de economía social.
Bloque III. Liderazgo e toma de decisións para mulleres novas.
Bloque IV. Emprendemento dixital e dixitalización de negocios.

https://www.accioncontraelhambre.org/es/emprendimientojuvenil 

Programa Actualízate: Ciberseguridade
 
CANDO: O curso ten dúas edicións: unha comeza o 5 de xuño e outra o 12 de xuño de 2023.
 
HORARIO: 09:00h. - 14:00h. e de 15:00h.- 18:00h.
 
DURACIÓN: 200h Formación presencial - 53h Formación en remoto - 12h Orientación laboral
 
PREZO: Gratuíto.
 
REQUISITOS:
Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego.
Non se necesitan coñecementos previos.
 
 
CONTACTO:
admisiones@actualizateprograma.es
WhatsApp: 671 164 091

Curso de teleformación: Impulsando un ecosistema emprendedor no cooperativismo e a economía social.

Organiza: Unión de Cooperativas EspazoCoop || Promove: Concello de Santiago de Compostela.

Descrición: Este curso forma parte do Programa de actividades para o impulso dun ecosistema emprendedor na economía social. En colaboración co Concello de Santiago de Compostela, para o ano 2023

Dirixido a: persoas prescriptoras de emprego e emprendemento de distintas organizacións e entidades, públicas e privadas: persoas de servizos de orientación laboral, axentes de denvolvemento local, persoal técnico da Rede de Polos de Emprendemento, xestoras e asesoras de empresas, servizos de emprego e emprendemento, tecido educativo de ensino medio e superior, asociacións empresariais e sindicais, etc)

Datas de realización: Do 18 de abril ao 23 de maio de 2023.

Duración: 40 horas.

Lugar de celebración: Modalidade en liña con sesións virtuais de aprendizaxe | http://www.aulaespazocoop.com

Sesións Virtuais de Aprendizaxe: celebraranse 3 sesións de 90' de duración os días 18 de abril e 5 e 19 de maio en horario de 11:00 a 12:30hs.

Programa e contidos:

Módulo 1.- Análise de necesidades para o desenvolvemento dun ecosistema emprendedor no cooperativismo.
Módulo 2.- Coñecendo as cooperativas: características diferenciadoras
Módulo 3.- Cooperativas e acceso ao financiamento privado e público
Módulo 4.- Proceso de constitución e maduración dun proxecto cooperativo
Módulo 5.- Cando recomendar a cooperativa. Casos prácticos.

Máis info en: https://espazo.coop/es/rede-eusumo-es/teleformacion-impulsando-un-sistema-emprendedor-en-el-cooperativismo-y-la-economia-social/

 

AFD: COML0201 Xestión e control do aprovisionamento
 
A QUEN VAI DIRIXIDO: Para público en xeral
 
CANDO: Dende o 24/04/2023 ata o 06/09/2023
 
INSCRICIÓNS:Ata esgotar prazas ou comezo do curso.
 
HORARIO:09.00 h a 14.00 h.
 
DURACIÓN:468 horas
 
PREZO:Gratuíto.
 
REQUISITOS: Deberás reunir algún dos seguintes requisitos:
Estar en posesión do título de bacharelato.
Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade ao que desexa acceder.
Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional.
Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior, ou ben superar as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas.
Superar a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos.
Superar as competencias clave de nivel 3.
 
 
CONTACTO:
Tel.: +34 881 035 299
cristina.vazquez@ntfor.com

A Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD) pon en marcha unha nova edición do proxecto Work in Tech, que ofrece 400 bolsas para mozas e mozos de 18 a 35 anos que queiran formarse en competencias dixitais que lles abran camiño a desenvolverse profesionalmente en contornas dixitais.

Work in Tech é un programa especial para mozos de 18 a 35 anos que nace dentro de INCO Academy como programa de capacitación para empoderar ás persoas dotándoas de habilidades dixitais para profesionalizar os seus perfís e así preparalas para as carreiras máis demandadas do futuro do traballo, eliminando as barreiras socio-económicas e reducindo así a alta taxa xuvenil que en países como España alcanza o 52.7% na poboación activa menor de 30 anos, onde os colectivos con maior risco de exclusión poidan así ter acceso a recursos formativos.

As bolsas gratuítas son para formación en UX (Deseño de experiencia de usuario), Data Analysis (Análise de datos), Project Management (Xestión de proxectos), Marketing dixital e comercio electrónico, Cybersecurity (Ciberseguridade), Automatización de TI con Python e IT Support, con Certificado Profesional de Google e convérteche no talento máis demandado do futuro do traballo.

https://workintech.campusfad.org/ 

AFD: Vixilancia, Seguridade privada e Protección de persoas
 
CANDO: Dende o 17/04/2023 ata o 20/07/2023
 
HORARIO: De luns a venres, de 09.00 h. a 14.00 h.
 
DURACIÓN: 348
 
PREZO: Gratuíto
 
REQUISITOS:
Atoparse en situación de demandante de emprego.
Titulación. Deberás reunir algún dos seguintes requisitos:
Estar en posesión do título de graduado ou graduada en educación secundaria obrigatoria.
Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade ao que desexa acceder.
Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.
Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ben superar as correspondentes probas de acceso convocadas polas adminis­tracións educativas.
Superar a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos.
Superar as competencias clave de nivel 2.
 
PÁXINA WEB:
Curso Vixilancia, Seguridade privada e Protección de persoas
 
CONTACTO:
CIS Formación Especializada Seguridade e Saúde
Rúa Francisco Tettamancy, 25-27 A Coruña
Tel.: 981 169 287
www.centrocis.es