Outros cursos (137)

A Escola de Altos Estudios Musicales de Galicia convoca un curso avanzado de especialización orquestral título propio de posgrao da Universidade de Santiago de Compostela.

Ofertase 18 prazas:

Violín 6
Viola 2
Violonchelo 2
Contrabaixo 1
Oboe 1
Frauta 1
Clarinete 1
Fagot 1
Trompa 1
Trompeta 1
Percusión 1

Beneficiarios/as: Instrumentistas das especialidades ofertadas en posesión de titulación superior.

Requisitos:
a) Idade: Poderán inscribirse aqueles candidatos nacidos a partir do 1/10/94.
b) Estar en posesión do título de Grao Superior ou certificación de estudos que corresponda e que acredite a finalización dos estudos musicais ou ben que se encontre en trámites de finalización. Neste último caso, o alumno deberá posuír a condición de titulado superior antes do 31 de decembro de 2024.

Todo o alumnado disporá dunha bolsa por unha cantidade de 300 euros ao mes, de outubro do 2024 a xuño de 2025.
O alumnado, como membros de pleno dereito da USC, terán posibilidade de aloxamento na Residencia Universitaria do Burgo das Nacións.

Inscrición: As solicitudes poderán presentarse ata o día 9 de xuño de 2024 a través da páxina web www.eaem.es 

Máis información en www.eaem.es 
http://www.consorciodesantiago.org/sites/default/files/bases_caeo_24-25.pdf 

A Cámara de comercio da Coruña ofrece unha variada oferta formativa dirixida á mocidade rexistrada no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que lles permita mellorar a súa empregabilidade para facilitar o seu acceso ao mercado laboral.

Todas estas actividades están subvencionadas ao 100% polo Fondo Social Europeo e a entidade cameral, que informa que os cursos foron elaborados “para responder ás necesidades reais das empresas”.

- curso de Excel e Power BI (de principiante a avanzado) do 22 de xaneiro ao 22 de marzo
- curso de MOS (Microsoft Office Specialist), do 29 de xaneiro ao 12 de abril
- curso de Deseño e desenvolvemento de videoxogos (do 29 de xaneiro ao 9 de abril)
- curso Visual Merchandising (do 19 de febreiro ao 25 de abril)
- curso Xestión de redes sociais, Canva e creación de fotos para redes (do 21 de febreiro ao 30 de abril)
- curso Deseño 3D do 10 de abril ao 13 de xuño
- curso de Excel e Power BI, 2ª quenda (de principiante a avanzado) entre o 24 de abril e o 27 de xuño.
- curso de Panadería e repostería
- curso de Maquillaxe profesional
- curso de Persoal de apoio para xestoría
- curso de Composición floral: técnicas e elementos principais
- curso de Axente dinamizador do feito xacobeo (guía turístico)
- curso de Visual merchandising, escaparatismo e atenión ao cliente e xestión comercial
- curso de Auxiliar de reposición e ventas en grande superficie
- curso de Cociña
- curso de Xeadería e repostería

https://www.camaracoruna.com/es/pag/cursos-pice-programa-de-garantia-juvenil-para-menores-de-30-anos/ 

Cursos no CNTG (Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia)
 
-Administración de bases de datos MySQL (Curso Presencial): https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos/-/detalle/12569 
-Microsoft Azure Administrator - 1ª edición (Curso Presencial): https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos/-/detalle/12785 
-Google Cloud Architect- Quenda de mañá (Curso virtual): https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos/-/detalle/12607 
-Google Cloud Architect- Quenda de tarde (Curso virtual): https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos/-/detalle/12603 
-Architecting on AWS - 2ª edición (Curso virtual): https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos/-/detalle/12602
-Introdución á programación de videoxogos con Unity (Curso virtual): https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos/-/detalle/641102 
-Microsoft Azure AI Fundamentals (Curso virtual): https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos/-/detalle/12586 
-ITIL 4 Specialist: Drive Stakeholder Value (Curso Presencial): https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos/-/detalle/12574 
-ITIL 4 Specialist: High Velocity IT (Curso Presencial): https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos/-/detalle/12575 
-VMware: optimización e escalado (Curso Presencial): https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos/-/detalle/12568 
 
Máis información:
 

A Ferderación de persoas xordas de Galicia organiza varios cursos de Lingua de Signos Española nivel A1
A formación desenvolverase entre os meses de febreiro e maio de 2024 en Lugo, Coruña, Vigo, Ourense, Ferrol, Santiago e Pontevedra.

Prezos, datas e horarios: https://www.faxpg.es/cursos-presenciales-lse-a1-2024-es.html

O Centro Galego de Artes da Imaxe organiza en Santiago de Compostela, Memorias dunha imaxe latente. Curso de historia da fotografía.

Datas: do 24 xaneiro 2024 ao 29 maio 2024
Horario: mércores de 19:00 a 20:30 h
Coordinación: Virginia Villar
Dirección: Fuco Reyes
Prazas: 250
Matrícula: 30 €

Este curso propón unha deriva pola historia da fotografía desde o primeiro desexo de crear unha imaxe pola acción da luz ata o xurdimento das vangardas nos primeiros anos do século XX.

Farase un percorrido que permitirá conectar o medio fotográfico cos seus protagonistas, a sociedade, o pensamento e a cultura ao longo dun século. Cen anos de imaxes latentes para revelar ou desvelar a nosa maneira de entender a fotografía deste tempo.

Inscrición: o prazo de inscrición estará aberto desde o 15 de novembro de 2023 ata o 19 de xaneiro de 2024. As persoas interesadas poden enviar unha mensaxe electrónica a cgac.educacion@xunta.gal. Nela deberán indicar os seguintes datos: apelidos, nome, DNI, estudos, área de traballo ou interese, un enderezo de correo electrónico e un teléfono de contacto. Unha vez que se acepta a solicitude, as persoas rexistradas recibirán información sobre como deben realizar o pagamento.

https://cgac.xunta.gal/gl/actividades/memorias-dunha-imaxe-latente-curso-de-historia-da-fotografia 

Co obxectivo de mellorar as competencias dos traballadores e a competitividade das empresas facilitando o acceso a unha formación personalizada e de calidade, Fundae conta coa plataforma de formación "Digitalízate Plus" pensada por e para o cidadán, orientada ao desenvolvemento profesional e persoal de traballadores e pemes. A plataforma será a porta de entrada para acceder a varios cursos.

A plataforma "Digitalízate Plus" en base ás procuras e preferencias, suxerirá unha serie de accións formativas. Ademais, conta con espazos para Pemes, formadores, traballadores en ERTE, mozos, Autónomos e Economía social. Así, esta plataforma está orientada á cidadanía para ofrecer unha formación personalizada segundo perfil do cidadán ou da cidadá e dese feito facilitar a adquisición de competencias en función das tendencias do Mercado.

Accede á plataforma e comeza o teu novo curso entrando na seguinta ligazón!

https://digitalizateplus.fundae.es/ 

EU Academy é un portal de aprendizaxe en liña propiedade da Unión Europea. Nel pódese atopar todo tipo de contidos multimedia de primeira man, recursos educativos de alta calidade e coñecementos de alto valor. Todos os contidos están elaborados directamente polas institucións comunitarias.

O obxectivo da plataforma é facilitar unha comprensión sinxela e fluida das políticas europeas nunha variedade de eidos, así como a súa implementación. EU Academy procura proporcionar un entorno de apredizaxe moderno e atractivo que fomente e mellore a calidade do coñecemento sobre asuntos da Unión dun xeito simple, intelixente e innovador.

Os contidos de EU Academy atópanse nunha variedade de formatos multimedia: podcasts, cursos ou comunidades sobre un tema en concreto e de xeito gratuíto. Ademais, están dispoñibles comunidades e contidos para aprender 27 linguas: as 24 oficiais na Unión máis o islandés, macedonio e turco.

Accede a EU Academy premendo na ligazón de abaixo!

https://academy.europa.eu/ 

Neste curso, de 1,5 horas de duración, aprenderás a crear o teu currículo profesional con Canva. Aprenderás tamén a personalizar o documento para definir cada un dos atributos que desexes presentar aos lectores. Para finalizar aprenderás a modificar un template, co fin de que en diante poidas utilizar distintos templates e comprender a cabalidad os seus partes, podendo personalizalo á túa disposición.

É un curso de bases, polo cal non necesitas ter coñecementos previos de Canva.

Data Incio:09/10/2023

Gratuíto

Organiza: MOOC 

Máis información en https://mooc.es/course/crea-tu-curriculum-con-canva/
Este seminario visa presentar a realidade do teatro non ámbito escolar.
Asemade, hase incidir no microteatro, coma unha nova variante cuxos resultados na escola comezan a ser impresionantes.
Remátase ou seminario cunha serie de propostas para a creación de (micro)pezas de teatro non contexto escolar, direccionadas aos mestres, mais tamén aos estudantes.
Rematada esta actividade, a continuación, terá lugar a presentación do libro «A cabana dás valquirias», de Xavier Frías Conde (Editorial Toxoutos) .
A presentación será feita pola profesora Carmen Ferreira Boo.
Lugar e datas: 23 de outubro de 2023.
Horario: de 18:00 a 19:30 h.
Espazos nos que se desenvolve: Salón de actos Lugar: Centro UNED A Coruña
Horas lectivas: 1.5 En liña ou presencial Podes elixir a asistencia presencial ou a asistencia en liña en directo ou en diferido.
Matricula gratuíta
Más información en https://extension.uned.es/actividad/idactividad/33305

O presente programa formativo "Desenvolvemento de Habilidades Comunicativas e Liderazgo" está dirixido a profesionais que necesitan adestrar, practicar e desenvolver especialmente as súas habilidades comunicativas e de liderado no ámbito profesional e/o persoal. A misión desta formación é ofrecer un espazo para coñecer a importancia da comunicación na nosa vida actual, así como dotar de contido práctico con exemplos, técnicas e ferramentas que permitan unha eficacia comunicativa para o profesional no seu labor. 


Datas: Do 7 ao 9 de novembro de 2023 De 18:00 a 20:00 h.


Horas lectivas: 10


Modalidade: En liña

 

Organiza: UNED


Matricula, a partir de 15,00 €, en https://extension.uned.es/logout