Outros cursos (137)

Rede Araña ofréceche módulos formativos on line de catro horas cada un dirixidos a mocidade de entre 18 e 30 anos que se atope desempregada.

Contidos:
- Marca persoal 2.0
- Redes sociais para a procura de emprego.
- Selección de persoal 2.0: os novos procesos de selección de persoal.

Estas formacións versan sobre os novos procesos de selección de persoal e como se foron adaptando as redes sociais e as ferramentas dixitais na procura de emprego.

En horario de mañá ou tarde, dependendo da túa dispoñibilidade.

Todos os módulos son gratuítos e independentes entre si, podes asistir a un ou varios.

Os talleres teñen como obxectivo fomentar e mellorar a empregabilidade das persoas que participen na actividade.

Máis información
info@empleoenred.org
Teléfono: 91 5255099
Whats App: 623 207 656

https://www.empleoenred.org/ 

Red.es, entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, activou os seus dous programas formativos orientados a mellorar a empregabilidade mediante formación TIC.

Os programas están dirixidos a persoas en situación de desemprego e mocidade inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, serán impartidos en parte pola empresa galega Altia, a través do seu equipo de formación tecnolóxica.

A inscrición aos primeiros cursos dun total de 300 previstos pode facerse a través da web https://www.actualizateprograma.es/ e https://altiaformacionred.es/

O obxectivo destes programas, que inclúen máis de 300 cursos por todo o eido estatal, é formar en temáticas prioritarias ligadas á transformación e á economía dixital. Entre elas inclúense as seguintes: ciberseguridade, análise de información a gran escala (Big Data), sistemas na nube, programación web full stack, Industria 4.0 e Internet das Cousas, mercadotecnia dixital, ademais de programación de videoxogos, deseño 3D e Realidade Virtual, entre outros temas.

En cada un dos cursos ofrécese un servizo de orientación laboral destinado á procura de emprego e a mellora da empregabilidade das persoas participantes.

A formación impartirase en modalidade mixta, sendo polo menos o 80% presencial e o resto online. Cada curso consta como mínimo de 250 horas lectivas, das cales un mínimo de 220 dedícase ao contido específico da temática do curso e un mínimo de 30 a reforzar as posibilidades de atopar un posto de traballo. Ademais, complétase o programa con 12 horas de orientación laboral por alumno que completa a formación, e cun compromiso de inserción laboral de 6 meses polo menos para o 25% dos alumnos.

Os primeiros cursos que se van a impartir son para traballadores en situación de desemprego, inscritos como demandantes de emprego no SEPE,

A partir de febreiro do ano que vén poranse en marcha os cursos incluídos no programa dirixido a mozos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

https://red.es/es/actualidad/noticias/redes-comienza-sus-programas-formativos-en-competencias-digitales-para 

FEMXA convoca cursos para persoas desempregadas. Esta convocatoria de formación gratuita está 100% subvencionada pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación e Formación Profesional.

A inscrición atopase aberta e as prazas son limitadas, asígnanse por orde de chegada das solicitudes. Os certificados de profesionalidade dispoñibles son os seguintes:

b2b3

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Familia profesional informática e comunicacións:
- (IFCT0609) PROGRAMACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOS (Certificado de nivel 3): Prepárache para traballar como analista de sistemas ou programador/a.  Aula virtual (6 exames presenciais en Vigo)
Inscrición https://www.cursosfemxa.es/ocupados-xunta

- (IFCT0210) OPERACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOS (Certificado de nivel 2): Prepárache para traballar como técnico/a de soporte informático. Presencial en Vigo
Inscrición https://www.cursosfemxa.es/cursos-xunta

Familia profesional comercio e márketing:
- (COML0209) ORGANIZACIÓN DO TRANSPORTE E A DISTRIBUCIÓN (Certificado de nivel 3): Prepárache para traballar como axente de transporte, xefe de trafico en empresas de transporte ou administrativo/a dos servizos de transporte. Presencial en Vigo
Inscrición https://www.cursosfemxa.es/cursos-xunta

Os certificados de profesionalidade dispoñibles contan coa impartición dos módulos teóricos e a realización do módulo de prácticas correspondentes de cada un, para a obtención, ao finalizar, do título oficial completo.

Máis información no teléfono 900 100 957 e no correo electrónico atencionalalumno@femxa.com

O pasado 25 de novembro, Proxecto Libera realizou unha formación en liña sobre a importancia da separación e xestión de residuos. Está dispoñible o vídeo da formación para aqueles que non puidestes asistir e sí poder ver algúns aspectos que se impartiron na formación.

Nesta ligazón podese ver o vídeo

Dende a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia poñen en marcha un novo campus de formación en liña en materia de igualdade.

Esta nova plataforma formativa está dirixida a fomentar, formar e sensibilizar á sociedade na igualdade laboral efectiva entre homes e mulleres a través de accións formativas.

As accións formativas que se van realizar na plataforma serán gratuítas e enmarcadas en diferentes ámbitos como son:
- A conciliación e a corresponsabilidade
- O rexistro retributivo
- O acoso laboral
- O teletraballo
- Moitos outros asuntos relativos á igualdade laboral.

Para acceder ao campus virtual é necesario inscribirse a través da páxina web www.aigualdadelaboral.gal/formacion  A formación que se oferta é gratuíta, flexible e de calidade, permitirá acceder a un certificado de aproveitamento e está dirixida a toda a poboación, en xeral, e ao tecido empresarial, en particular.

https://aigualdadelaboral.gal/novo-campus-de-formacion-en-lina-con-cursos-con-inscricion-aberta/ 

O Centro galego de Arte Contemporánea, CGAC, organiza o curso en liña de Educación artística, arte na aula. Propostas didácticas sobre artistas contemporáneos

O obxectivo do curso é coñecer a obra de artistas contemporáneos e considerala como fonte de inspiración. Establecer lazos entre a arte e a aula e eliminar mitos e prexuízos. Desenvolver a capacidade para observar, coñecer, crear e debater ao redor do artístico. Xerar dinámicas creativas nun ou nunha mesma para fomentalas no alumnado. Explorar materiais, recursos e procesos que favorezan aprendizaxes globalizadas a través da plástica.

Datas: 6, 13 e 20 de novembro. Horario: de 10:30 a 13:30 h.
Prazo de inscrición: do 13 de outubro ao 4 de novembro de 2021.

O curso é de balde. As persoas interesadas poden enviar unha mensaxe electrónica a cgac.educacion@xunta.gal na que deberán indicar o seu nome, apelidos, DNI, estudos, área de traballo ou interese, un enderezo de correo electrónico e un teléfono de contacto. Cada solicitante recibirá unha mensaxe electrónica de confirmación.

O CGAC entregaralles un certificado de asistencia a aquelas persoas que asistan, como mínimo, ao 75 % das sesións.

http://cgac.xunta.gal/GL/actividad-detalle/253/artenaula_gl 

A Cámara de Comercio de Santiago e a Fundación INCYDE organizan un curso de MARKETING DIXITAL E BRANDING e que comeza o 18 de outubro.

Trátase dun programa en liña e totalmente GRATUÍTO.
Duración: 6 semanas. Só 10 horas á semana. (luns, mércores e xoves de 17:00 a 20:00 hs ) Clases EN LIÑA a través de ZOOM e unha hora de titoría individual á semana segundo a vosa dispoñibilidade.
Requisitos: Ser menor de 30 anos, non estar a estudar nin traballando e ser BENEFICIARIO/A de garantía xuvenil.

As inscricións pódense realizar no teléfono 663064806 ou na seguinte ligazón: Fundación INCYDE

Accede so Programa e ao Calendario do curso.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade impulsa un espazo dixital de formación dirixido a fomentar, formar e sensibilizar á sociedade na igualdade laboral efectiva entre homes e mulleres a través de accións formativas gratuítas enmarcadas en diferentes ámbitos como son a conciliación e a corresponsabilidade, o rexistro retributivo, o acoso laboral, o teletraballo, entre moitas outras.

https://igualdade-laboral.gal/

A Cámara de Comercio de Santiago e a Fundación INCYDE organizan un curso de CREACIÓN E CONSOLIDACIÓN DE EMPRESAS EN LIÑA que comeza o 4 de outubro de 2021.

Trátase dun programa en liña e totalmente GRATUÍTO.


Duración: 6 semanas, 10 horas lectivas á semana. (luns, mércores e xoves de 16:00 a 19:00 hs ) Clases EN LIÑA a través de ZOOM e unha hora de titoría individual á semana segundo a vosa dispoñibilidade.


Requisitos: Ser menor de 30 anos, non estar a estudar nin traballando e ser BENEFICIARIO/A do Sistema Nacional de Garantía Juvenil.

As inscricións pódense realizar nesta LIGAZÓN ou no teléfono 663064806.

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza o seguinte actividade formativa do programa "A solución é a cooperativa": Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas.

Datas: do 21 ao 24 de setembro

Modalidade: presencial

Lugar: no viveiro de empresas, Noal, 26, Porto do Son

Horario: de 9:30 a14:30 horas

Duración: 20 horas

Destinatarios: Persoas que estean pasando por situacións que as poñan en risco de exclusión social, tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas e con interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo

Inscricións:

- Gratuíta
- Inscricións: a través de jose.pazo@portodoson.gal ou no 981 86 74 12 (Ext: 1302)

Accede á información completa 

CARTAZ INFORMATIVO