Outros cursos (145)

Xornada 'Inclusión e deporte'

A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle a xornada Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente.

Nela, cinco estudantes deste centro, educadoras sociais, exporán boas prácticas desenvolvidas no eido da temática da xornada en diferentes entidades, como o Club Ximnasia Pavillón, o Club Ourense Baloncesto ou a asociación Auce.

Tamén haberá obradoiros práctivos relacionados con aspectos como o manexo e comunicación coas familias ou coa xestión de grupos. Trátase dunha actividade aberta ás persoas interesadas e de balde.

Data de celebración: 2 de maio ás 10:00

Dirixido a:Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza: Facultade de Educación e Traballo Social

Lugar:
Edificio de Ferro
Campus As Lagoas
32004 Ourense

Máis información:
www.uvigo.gal

Seminario 'Cruzando camiños na oncoloxía. Cancro animal e humano dende a perspectiva One Health'

A catedrática de Anatomía Patolóxica Veterinaria Laura Peña Fernández, considerada unha das maiores expertas internacionais en cancro de mama nas especies canina e felina, imparte o vindeiro  7 de maio, a partir das 18.00 horas, no centro universitario lugués, o seminario ‘Camiños na oncoloxía. Cancro animal e humano desde a perspectiva One Health'.

Esta acción coordinada pola profesora Maribel Quiroga e incluída no plan de formación complementaria do Campus Terra, está orientada á participación de alumnado de grao e mestrado.

A inscrición xa está aberta en liña.

A celebración deste seminario encádrase no marco do proxecto de aprendizaxe e servizo ‘OncoVet-Sapiens: descubrindo a oncoloxía veterinaria en YouTube’, que pretende “democratizar” a información e facela accesible e comprensible para estudantes, titores de animais, investigadores, profesionais veterinarios e público xeral, a través dunha canle aberta de Youtube.

O seminario, aberto ao público interesado e para o que se ofrecen 80 prazas, busca destacar a importancia da oncoloxía veterinaria en medicina animal e humana, ao tempo que trata de dar a coñecer a canle de YouTube xa activa.

Máis información:
www.usc.gal

Curso sobre detección de patóxenos de orixe alimentaria
 
A Facultade de Ciencias da USC acolle o 3 de xuño a celebración do curso ‘Detección de patóxenos de orixe alimentaria. Trasladando o laboratorio ao campo’, unha proposta formativa coordinada por Alexandre Lamas e impartida por Alejandro Garrido que está incluída no Plan Formativo 2024 do Campus Terra da USC. 
 
As persoas interesadas en participar neste curso, orientado a estudantado universitario e tamén a profesionais e axentes do sector produtivo, poden formalizar xa a súa inscrición en liña.
 
O programa do curso, que se desenvolverá en quenda de mañá, de 9.00 a 14.00 horas, pretende facilitar a transferencia ao sector produtivo de técnicas de microbioloxía dependentes de cultivo e de bioloxía molecular empregadas de rutina nos laboratorios de seguridade alimentaria, ademais de abordar aplicacións prácticas en situación reais.
 
A temática do programa afondará sobre métodos de microbioloxía dependente de cultivo para a detección de patóxenos na cadea alimentaria e tamén tratará as técnicas moleculares como alternativa máis rápida aos métodos de microbioloxía dependentes de cultivo. 
 
Daquela, no curso explicarase de forma teórica e práctica o emprego de técnicas isotérmicas como a amplificación isotérmica mediada por bucle (LAMP, por as súas siglas en inglés). 
 
Asemade, tamén se demostrará de forma práctica como estas técnicas poden ser aplicadas na propia industria alimentaria sen necesidade de contar con laboratorios dedicados e con equipamento custoso.
 
Máis información:
 
A Xunta de Galicia, xunto co Servizo Público de Emprego Estatal convocan os seguintes  cursos 100% subvencionados para os profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, destinados a mellorar as súa competencias e desenvolvemento profesional.
 
Os cursos se imparten en modalidade 100% en liña, sen horarios e a través dun campus virtual que estará dispoñible as 24 horas: https://www.cursosfemxa.es/ocupados-xunta
 
- 6 Sigma. Ferramentas de seguridade, eficiencia y productividade (70 horas)
- Análises de custos para a toma de decisións (66 horas)
- Avaliación do impacto ambiental (130 horas)
- Cociña creativa e de autor (85 horas)
- Competencias dixitáis básicas (70 horas)
- Estratexias de servizos: calidade e orientación ao cliente (110 horas)
- Habilidades comerciais (70 horas)
- Negocios en liña e comercio electrónico (90 horas)
- Planificación e xestión do tempo (70 horas)
- Posicionamento en buscadores (55 horas)
- Posicionamento na web para o emprendemento (100 horas)
- Programa avanzado en agile project management. Scrum (160 horas)
- Redes sociais e márketing 2.0 (70 horas)
- Xestión da seguridade informática na empresa (110 horas)
- Xestión de comunidades virtuais (110 horas)
- Xestión loxística (160 horas)
 
A inscrición para estes cursos pode realizarse desde a seguinte páxina web: https://www.cursosfemxa.es/ocupados-xunta
 
Máis información:
Teléfono gratuíto:900100957
Correo electrónico: atencionalumno@femxa.com 

Programa formativo `Muller, a Cooperativa é para Ti´

A Unión de Cooperativas EspazoCoop impulsa o programa formativo "Muller, A Cooperativa é para Ti", consta de cursos de teleformación, gratuítos, para mulleres, que se imparten na Aula Virtual de EspazoCoop.

-Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas
25 h. Teleformación. Do 25 de abril ao 12 de abril de 2024

-Desenvolvendo a idea cooperativa
25 h. Teleformación. Do 13 ao 29 de maio de 2024

A fórmula cooperativa é unha eficaz ferramenta para conseguir a integración e a igualdade no mundo laboral para as mulleres, en condicións dignas e estables, e con amplas posibilidades de desenvolvemento profesional.

Son empresas de base democrática, asemblearia, e participativa, na que se poden dar xeitos para a conciliación persoal, e exercer a cogobernanza xunto a máis persoas e socias.

Información e inscricións:
https://espazo.coop/rede-eusumo/programa-muller-a-cooperativa-e-para-ti 

Formulario de inscrición

Obradoiro de Percusión Tradicional e utilidades educativas no Campus de Lugo.

A Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC organiza un obradoiro de percusión tradicional e utilidades educativas que se desenvolverán os días 23 e 30 de abril, en quenda de 10.00 a 12.00 horas, así como os días 6 e 13 de maio, en horario de 16.00 a 18.00 horas.

A musicoterapeuta, e educadora en igualdade Ana Fernández será a encargada de impartir as sesión presenciais deste obradoiro na Aula de Música de Formación do Profesorado.

A inscrición nesta activade socioeducativa é libre  pode formalizarse de xeito gratuíto ata o 19 de abril través do formulario dispoñible en liña. As prazas son limitadas.

O obradoiro de percusión tradicional é unha actividade gratuíta aberta á participación de toda a comunidade universitaria da USC.

Estruturado en oito horas, as persoas inscritas poderán abordar da man de Ana Fernández os principais patróns rítmicos típicos da música tradicional galega, xa a través da utilización de instrumentos propios da nosa cultura musical (pandeiretas, pandeiros, tarrañolas…) xa con elementos cotiás (culleres, latas grandes, conchas de vieira, botella de anís...), desde unha perspectiva educativa e de xénero.

Esta actividade servirá asemade para poñer en valor a presenza feminina na tradición musical popular galega e tamén as posibilidades que esta tradición posúe para o ámbito da educación.

Máis información:
www.usc.gal

A violencia sexual e xénero centra un ciclo de conferencias que terá lugar os días 18 e 30 de abril e o 2 de maio na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense.

Nelas abordaranse temas como este fenómenos na adolescencia ou os instrumentos para a súa avaliación.

Datas e horario:

Xoves 18 de abril de 2024. De 11.30 a 13.45 h

Martes 30 de abril de 2024. De 16.00 a 16.45 h

Xoves 2 de maio de 2024. De 10.00 a 10.45 h

Dirixido a:Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Lugar:
Na sala Emilia Pardo Bazán
Edificio de Ferro
Campus As Lagoas, Edificio de Ferro
32004 Ourense
España

Máis información:
www.uvigo.gal 

A xornalista dos Servizos Informativos de RTVE Montserrat Rigall, experta en xornalismo móbil (mobile journalism –MoJo–, en inglés), e especialista en intelixencia artificial, impartirá un curso na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela os próximos días 29 e 30 de abril. Nestas xornadas afondará na creación de noticias con dispositivos móbiles e en diferentes ferramentas e aplicacións para optimizar e posibilitar esta nova práctica profesional.

A iniciativa, organizada pola Cátedra RTVE-USC, o proxecto Valcomm, o grupo Novos Medios, o grupo de innovación docente IDESVIR e a Cátedra CIRCOM, será gratuíta para as 20 persoas participantes, que recibirán un certificado de participación. As persoas candidatas deberán ser graduadas en xornalismo e serán seleccionadas por orde de inscrición. Así mesmo, deberán acudir ás sesións con smartphones con cámara integrada e conexión a Internet. Con todo, as persoas asistentes poderán empregar libremente calquera ferramenta que mellore a calidade da gravación, como trípodes, estabilizadores de imaxe ou micrófonos de solapa adaptados a móbiles.

https://novosmedios.gal/2024/04/08/montserrat-rigall-curso-mobile-journalism/ 

Curso de Iniciación a Docker na USC

O Campus Terra da USC achega formación sobre as prestacións do programa Docker a estudantado universitario, así como a docentes e investigadores e axentes do sector produtivo, a través dun curso coordinado pola Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e cuxas sesións presenciais se desenvolverán na EPSE os días 22, 24 e 25 de abril.

As sesións virtuais deste programa serán os días 29, 30 de abril e 2 e 6 de maio.

O curso de iniciación a Docker, para o que xa está aberto o prazo de inscrición en liña, afonda nas tecnoloxías de contedores e a súa importancia para integralas no proceso de administración de sistemas.

O curso presentado é eminentemente práctico, de xeito que o alumando adquira as destrezas necesarias para trasladar os coñecementos aos seus proxectos software.

Os/as destinatarios/as tamén poden ser o colectivo de profesores/as de materias STEM de ensino secundario que poidan atopar soporte para a mellora da súas actividades docentes nas materias de Tecnoloxía.

Máis información:
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Rúa Benigno Ledo, 27002
Lugo
982823008/982823011
eps.secretaria.direccion@usc.gal

Cursos de formación online en Santander Open Academy

A Open Academy Santander convoca unha selección de cursos, sen límite de prazas.

En Santander Open Academy axudamos a mellorar a empregabilidade e as competencias profesionais a través da formación ao longo da vida, ofrecendo cursos 100% subvencionados, contidos de calidade gratuítos e bolsas con universidades e institucións líderes de todo o mundo.
 
Todas as convocatorias están dispoñibles na nosa plataforma global en liña.

Máis información:
www.santander.comn/becas-santander
www.santanderopenacademy.com